Diferenzas entre revisións de «Positivismo»

sen resumo de edición
 
== Historia e características ==
Historicamente a [[filosofía]] positivista xorde no século XIX, sendo os seus máximos expoñentes [[Augusto Comte]] (1798-1857) e [[Ernst Mach]] (1838-1916). O primeiro usou a palabra "posititivismopositivismo", tomada do filósofo francés [[Claude Henri de Rouvroy, conde de Saint Simon|Saint-Simon]] (1760-1825), para designar o seu pensamento. Así mesmo, denominou ''estadio positivo'' á etapa do progreso humano na que a ciencia convértese na principal forza social, superando períodos anteriores de carácter metafísico e [[Relixión| relixioso]] nos que dominaban as supersticións e as crenzas infundadas.
 
Curiosamente, nos últimos escritos da súa vida, Comte deriva cara posturas sentimentalistas e irracionais elaborando unha Relixión da Humanidade, na que se rendería culto ós grandes homes de ciencia, así como a toda unha serie disparatada de personalidades moi variadas, entre as que incluso atópanse amigos persoais seus. Esta relixión positiva gozou dalgunha implantación social en cidades como Londres, París e Río de Xaneiro.
 
De todas formas, a deriva relixiosa do positivismo non foi secundada por autores posteriores, por exemplo Mach, que se mantivo dentro dos marxes dun cientificismo extremo. Baixo a influencia deste último e a do austríaco [[Ludwig Wittgenstein]] (1889-1951), o positivismo cientificista transformase no século XX dando lugar ó ''[[Neopositivismo]]''. O manifesto fundacional deste publicouse en 1929 co nome de ''Wissenschaftliche Weltauffassung: Der Wiener Kreis'' (''Concepción científica do mundo: Círculo de Viena''). Este caracterizase por presentar un enfoque da metodoloxía científica elaborado de forma precisa por medio da [[lóxica]] formal, así como por intentar reducir toda investigación científica ó método e linguaxe da [[física]] (''fisicalismo''). A través deste programa filosófico e científico o Neopositivismoneopositivismo contribuíu a impulsar notablemente a [[Filosofíafilosofía da Cienciaciencia]] durante o século XX.
 
En [[Dereito]], denomínase [[positivismo xurídico]] á ciencia xurídica que só admite a existencia de ''leis positivas''. Consisten unicamente en convencións humanas excluíndo que haxa outras leis de maior rango, ben de carácter natural ou ben de carácter teolóxico.
 
== Notas ==
10.315

edicións