Abrir o menú principal

Cambios

engado referencia
[[Ficheiro:Mangos in market.jpg|300px|miniatura|Mangas.]]
 
A '''manga'''<ref>{{DRAG|manga}}</ref> é o froito da árbore chamada [[Mangifera Indica|mangueira]] (''Mangifera Indica''). É unha [[froita]] da zona intertropical de polpa carnosa e de sabor doce. Esta pode ser ou non fibrosa, especialmente na variedade chamada "manga de hilacha". É unha froita normalmente de cor verde nun principio, amarela ou alaranxada cando está madura, de sabor medianamente acedo cando non madurou completamente. De orixe asiática, principalmente da India, comprende numerosas variedades, moitas delas obtidas por enxerto, como as que aparecen na imaxe (probablemente, mangas ''Thompson'', que constitúen unha das variedades máis estendidas).
 
== Propiedades nutritivas ==
Unha manga fresca contén cerca do 15 % de [[azucre]], até 1 % de [[proteína]] e cantidades significativas de [[vitamina]]s, minerais e antioxidantes, podendo conter vitamina A, vitamina B e vitamina C. A manga é baixa en calorías, achega ó organismo [[antioxidante]]s. Apropiada para o metabolismo dos hidratos do carbono e problemas na [[epiderme (plantas)|epiderme]]. É de moi fácil dixestión aínda que pode ter efectos laxantes cando é consumida en exceso.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
{{Commonscat}}
{{Control de autoridades}}