Dinoflaxelados: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 17:
}}
[[Ficheiro:Dinophysis acuminata.jpg|thumb|dereita|O dinoflaxelado ''Dinophysis acuminata''.]]
Os '''dinoflaxelados''' ou '''''Dinoflagellata''''' (do grego δῖνος, ''dinos'', "xiro, rotación" <ref>Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. Tomo 7. Páxina 337. ISBN 84-7680-295-1 (do tomo)</ref>, e do latín ''flagellum'', "látego") son un importante grupo de [[protista]]s [[flaxelado]]s. A maioría son especies [[plancto|planctónicas]] mariñas, pero tamén son abondosas en augas doces, salobres e mesmo na neve e xeo. As súas poboacións están distribuídas dependendo da temperatura da auga, salinidade e profundidade. Moitos dinoflaxelados son [[fotosíntese|fotosintéticos]], pero unha gran parte deles son en realidade [[mixotrofía|mixotróficos]], é dicir, combinan a fotosíntese coa inxestión de presas.<ref>Stoecker D K. [http://www.hpl.umces.edu/faculty/stoeckercv.html "Mixotrophy among dinoflagellates."] J Eukaryotic Microbiol, 46(4): 397-401, 1999.</ref> Os dinoflaxelados son o principal grupo de [[Célula eucariótica|eucariotas]] mariños xunto coas [[diatomea]]s. O feito de seren produtores primarios fai deles unha parte importante das cadeas alimenticias acuáticas. Algunhas especies, chamadas [[zooxantela]]s, son [[endosimbiose|endosimbiontes]] de animais mariños e xogan un papel importante na bioloxía dos [[arrecife de coral|arrecifes de coral]]. Outros dinoflaxelados son predadores incoloros doutros protozoos, e unhas poucas formas son [[parasito|parasitas]] (por exemplo, ''[[Oodinium]]'' ou ''[[Pfiesteria]]''). Os dinoflaxelados presentan estados de repouso chamados cistos ou [[quiste de dinoflaxelado|quistes de dinoflaxelados]] ou [[dinoquiste]]s, como parte dos seus ciclos de vida.
 
Os dinoflaxelados son considerados [[protista]]s, clasificados na súa propia división, os Dinoflagellata.<ref name="Fens1993">Fensome R. A., F. J. R. Taylor, G. Norris, W. A. S. Sarjeant, D. I. Wharton, and G. L. Williams. 1993. A classification of living and fossil dinoflagellates. Micropaleontology Special Publication 7, Sheridan Press, Hanover, Pennsylvania, USA.</ref>
Liña 33:
Na década de 1830, o microscopista alemán C.G. Ehrenberg examinando moitas mostras de auga e [[plancto]], propuxo varios xéneros de dinoflaxelados que aínda se usan hoxe, como ''[[Peridinium]], Prorocentrum'' e ''Dinophysis''.
 
Estes dinoflaxelados foron situados por [[Otto Bütschli]] en 1885 na orde de [[flaxelado]]s Dinoflagellida.<ref>Bütschli O. (1885) 3. Unterabtheilung (Ordnung) Dinoflagellata. – In: Dr. H.G. Bronn’s Klassen und Ordnungen des Thier-Reichs, wissenschaftlich dargestellt in Wort und Bild. Erster Band Protozoa. – C.F. Winter’sche Verlagshandlung, Leipzig und Heidelberg. Pp. 906-1029; Pl.</ref> Os botánicos tratáronos como unha división das algas, que denominaron '''Pyrrhophyta''' ("algas de lume" en grego) debido ás formas [[bioluminescencia|bioluminescentes]] do grupo, ou '''Dinophyta'''. En diversos momentos, as clasificacións incluíron entre eles ás [[criptomónada]]s, [[ebriída]]s, e [[ellobiópsida]]s, pero só as últimas se consideran hoxe emparentadas con eles. Os dinoflaxelados teñen a capacidade de transformarse de formas non formadoras de [[quiste (microbioloxía)|quistes]] a formadoras, o cal fai que tracexar a súa historia evolutiva sexa moi difícil.
 
== Clasificación ==