Ralf Schumacher: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
a edición de esta páxina procede da información de enːRalf Schumacher
Fendetestas (conversa | contribucións)
a edición de esta páxina procede da información de esːRalf Schumacher
Liña 35:
 
En 1996, o manager de Schumacher Willi Weber aseguroulle un asento na tempada de 1996 da Fórmula Nippon, pilotando para o [[Team Le Mans]] xunto ao experimentado piloto Naoki Hattori. Schumacher gañou a serie no seu primeiro intento, converténdose no primeiro piloto novato en gañar o campionato.<ref name="schumacherf1"/> No mesmo ano, Schumacher e Hattori entraron no Campionato de Grand Touring de Xapón, gañando catro carreiras e logrando o segundo lugar no Campionato GT500 detrás da parella [[David Brabham]] e [[John Nielsen]].
 
== Fórmula 1 ==
O debut de Ralf na máxima categoría produciuse na tempada {{f1|1997}} de Fórmula 1, con [[Jordan Grand Prix|Jordan]].<ref>{{cita publicación|url=http://hemeroteca-paginas.mundodeportivo.com/EMD01/HEM/1996/09/21/MD19960921-041.pdf|título=Schumacher, o máis rápido en Estoril|publicación=[[Mundo Deportivo]]|data=21 de setembro de 1996|páxina=41|cita=Jordan confirmou o fichaxe de Ralf Schumacher|formato=[[PDF]]}}</ref> Xa na súa terceira carreira, en [[Gran Premio de Arxentina de 1997|Arxentina]], logrou acadar o podio e converteuse no piloto máis novo que o fixo ata entón. Na tempada {{f1|1999}} partiu cara á escudaría [[Williams F1|Williams]],<ref>{{cita publicación|url=http://hemeroteca-paginas.mundodeportivo.com/EMD03/HEM/1998/09/07/MD19980907-035.pdf|título=‘Schumi II’ vaise a Williams|publicación=[[Mundo Deportivo]]|data=7 de setembro de 1998|páxina=35|formato=[[PDF]]}}</ref> onde obtivo o sexto lugar no campionato de pilotos na súa primeira tempada.
 
A tempada {{f1|2000}} considerouse por moitos como unha frustración importante na carreira de Ralf. O feito de utilizar motores [[BMW]] facía crer que se poderían acadar algunhas vitorias, pero os numerosos problemas mecánicos fixeron que apenas puidera igualar a súa marca de 3 podios da tempada anterior. Na tempada {{f1|2001}}, logrou tres vitorias en [[Gran Premio de San Marino de 2001|Imola]], [[Gran Premio do Canadá de 2001|Montreal]] e [[Gran Premio de Alemaña de 2001|Hockenheim]].
 
[[Ficheiro:Ralf Schumacher Indianapolis 2003.jpg|thumb|200px|left|Ralf Schumacher pilotando o [[Williams F1]] no [[Gran Premio dos Estados Unidos de 2003|Gran Premio de Estados Unidos do ano 2003]].]]
Na tempada {{f1|2002}} obtivo unha vitoria máis no [[Gran Premio de Malaisia de 2002|Gran Premio de Malaisia]], e na tempada {{f1|2003}} acadou co Williams FW25 o máximo chanzo do podio en dúas ocasións ([[Gran Premio de Europa de 2003|Nürburgring]] e [[Gran Premio de Francia de 2003|Francia]]). Con estas últimas contribucións, colaborou para que [[Williams F1|Williams]] puidese alcanzar o segundo posto no campionato de construtores tanto en {{f1|2002}} como en {{f1|2003}}.
 
O [[20 de xuño]] de [[2004]], Ralf sufriu lesións ao accidentarse durante o [[Gran Premio dos Estados Unidos de 2004|Gran Premio de Estados Unidos]].<ref>{{cita web|url=http://www.formula1.com/news/headlines/2004/6/1780.html|título=Ralf crashes out, Montoya disqualified|obra=[[Fórmula 1]]|data=20 de xuño de 2004|idioma=inglés}}</ref> No accidente, o piloto viuse sometido a forzas da orde de 7,8 [[Intensidade da gravidade|G]], o cal fíxoo un dos máis intensos na historia do automobilismo. O piloto sufriu dúas fracturas menores na columna, e foi substituído polos pilotos [[Marc Gené]] primeiro, e [[Antônio Pizzonia]] despois. Volveu meses despois á competición para finalizar o seu contrato co equipo de [[Frank Williams]].
 
En {{f1|2005}}, Ralf comezou unha nova era na súa carreira deportiva ao unirse ao equipo [[Toyota Racing|Toyota]],<ref>{{cita web|url=http://motor.as.com/motor/2004/07/07/mas_motor/1089151201_850215.html|título=Ralf Schumacher correrá con Toyota a próxima tempada|obra=[[As (periódico)|AS]]|data=7 de xullo de 2004}}</ref> no que, ao longo dos seus tres anos de andadura na escudería xaponesa, obtivo tres podios como mellores resultados. Ao finalizar a tempada {{f1|2007}}, Ralf decidiu marcharse de [[Toyota Racing|Toyota]], aínda que non tiña moitas posibilidades de quedarse no equipo.<ref>{{cita web|url=http://motor.as.com/motor/2007/10/02/mas_motor/1191340222_850215.html|título=Ralf Schumacher deixa Toyota sen ter destino|obra=[[As (periódico)|AS]]|data=2 de outubro de 2007}}</ref>
 
== Rexistro de carreiras ==