Animais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎Orixe e rexistro fósil: ligazón directa
Liña 268:
Neste campo da transición poden mencionarse, por unha parte, a ''[[Proterospongia]]'', [[coanoflaxelado]] mariño e [[plancto|planctónico]] que forma unha masa xelatinosa con [[coanocito]]s na parte exterior e células [[ameboide]]s no interior, e, por outra, ao pequeno organismo mariño ''[[Trichoplax adhaerens]]'' (do filo dos [[placozoos]]) que forma unha placa pechada por [[epitelio]] pavimentoso na parte dorsal e cilíndrico na parte central, e que presenta na cavidade interna células en forma de estrela; reprodúcese por xemas flaxeladas e ovos. Outra forma sinxela de metazoo é ''[[Xenoturbellida|Xenoturbella]]'', que vive sobre os fondos fangosos do mar; de varios centímetros de lonxitude e forma de folla, ten unha boca ventral que conduce a un estómago en forma de saco; entre a [[epiderme]] e o [[intestino]] existe unha capa de [[tecido conxuntivo]] cun tubo muscular lonxitudinal e células musculares no [[mesénquima]]; na parte basal da epiderme existe un plexo nervioso e, na parte anterior, presenta un [[estatocisto]]; produce [[óvulo]]s e [[espermatozoide]]s, estes idénticos aos de diferentes metazoos primitivos; a súa posición sistemática é incerta, propoñéndose como membro dun filo independente ([[Xenoturbellida|xenoturbélidos]]), que se debería emplazar, talvez, na base dos [[Deuterostomia|deuteróstomos]]. Polo que respecta aos [[Mesozoa|mesozoos]], xa non son considerados un estado de transición entre [[protista]]s e [[metazoos]]; o seu modo de vida parasito parece que os conduciu a unha redución e simplificación extremas a partir de vermes [[acelomados]].
 
Por tanto, débese recorrer á [[morfoloxía (bioloxía)|morfoloxía]], [[fisioloxía]] e [[ontoxénese|ontoxenia]] comparadas dos metazoos para poder reconstruír esta etapa da [[Evolución biolóxica|evolución]]. Os datos obtidos con [[microscopio electrónico|microscopia electrónica]] e análises moleculares apagaron antigas controversias sobre a orixe dos metazoos. Neste sentido, parece definitivamente rexeitada a hipótese sobre unha orixe [[polifilético|polifilética]]; incluso os placozoos e os [[mesozoos]], considerados ás veces como orixinados directa e independentemente dos [[protista]]s, parecen á luz dos novos datos claramente metazoos.
 
=== Principais teorías ===