Pedro, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
*bendecir: bendicir, beicer
Liña 43:
 
== Pescuda dos restos ==
[[Ficheiro:San Pedro in Gallicantu.jpg|miniatura|Escultura na [[Igrexa de San Pedro in Gallicantu]], [[Xerusalén]], que representa o momento do canto do galo na noite do prendemento de [[Xesús]].]]
En [[1939]] o papa [[Pío XII, papa|Pío XII]] ordenou a escavación nos subterráneos do Vaticano para tratar de comprobar á tradición que naquel tempo se puña en dúbida: que o [[Vaticano]] era a auténtica tumba do apóstolo Pedro. As escavacións duraron ata [[1949]]. Atopouse unha [[necrópole]] que se estendía de oeste a leste en paralelo ao [[Circo de Nerón]]. A necrópole estaba asolagada de terra, posiblemente por ser a base da basílica primixenia. Atopáronse cinco monumentos, o máis antigo do século II. Incluíase unha parte dun edificio pegado a un muro revocado en vermello que servía de fondo para o máis antigo dos monumentos. Neste edificio pequeno acháronse unhas inscricións anteriores a Constantino, mostra da devoción dos fieis. Unha das inscricións sinalaba ''Petrus eni'' ("velaquí está Pedro"). Tamén se atopou un lugar onde debería estar a tumba pero non había nada. Pola evidencia dada, [[Pío XII]] suspendeu as escavacións e anunciou que se atopara a tumba de Pedro.