Diferenzas entre revisións de «FLAC»

m (Arranxos varios)
 
==Diferenzas MP3 e FLAC==
Principalmente, a codificación MP3 reduce o rango dinámico irrelevante e se aproveita da incapacidade do [[sistema auditivo]] para detectar erros de cuantificación en termos de enmascaramento, é dicir, enmascara os erros de cuantización co nivel das súas frecuencias veciñas.
 
Isto faise en base a un método chamado "Predición polinómica", que analiza o sinal de son e prevé a cantidade de ruído de cuantización que pode ser inducida en función da frecuencia, obtendo así un limiar de enmascaramento, aproveitando que o noso sistema auditivo non pode determinar os cambios de frecuencia que están dentro de un 1 / 3 de oitava, pola mesma razón os ecualizadores gráficos teñen bandas de 1 / 3 de oitava. Este proceso faise a través dun análise discreto mediante unha serie de Fourier, a través do algoritmo de transforma rápida de Fourier (FFT).
205.529

edicións