Sobradelo, Carballeda de Valdeorras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ info desde batalla de Elviña
Sen resumo de edición
Liña 13:
'''Santa María de Sobradelo''' é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de [[Carballeda de Valdeorras]]. Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 677 habitantes (372 mulleres e 305 homes), 3 habitantes máis ca en [[2010]] (674 habitantes), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 711 habitantes.
 
A vila de Sobradelo é a capital do concello. Está situada a carón do [[río Sil]]. Por Sobradelo discorre a estrada [[N-536]] e o [[Liña León - A Coruña|ferrocarril León - A Coruña]], e desde aquí parte a estrada [[OU-122]] cara a [[Casaio, Carballeda de Valdeorras|Casaio]] e o [[porto dade Fonte da Cova]].
 
É vía de paso entre a [[comarca de Valdeorras]] e o [[Bierzo]] xa desde a [[romanización de Galicia|romanización]], ao pasar por aquí a [[Vía Nova]] do [[itinerario de Antonino]]. En xaneiro de [[1809]], no marco da [[Guerra da Independencia Española]], [[Pedro Caro y Sureda]] fixo estoupar a ponte de Sobradelo mentres fuxía con tropas británicas cara a [[Vigo]], perseguidos por tropas francesas ó mando do xeneral [[Jean-Baptiste Franceschi|Franceschi]]<ref>{{cita web|url=http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2000/12/02/316374.shtml|título=Seadur y la Guerra de la Independencia|páxina-web=[[La Voz de Galicia]]|data=2 de decembro de 2000|nome=Antonio|apelidos=Castro Voces|lingua=es}}</ref>.
 
==Notas==