Dereitos humanos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 88.26.235.114 (conversa); cambiado á última versión feita por Banjo
si
Liña 2:
Os '''dereitos humanos''' son aquelas [[liberdade]]s e [[dereito]]s básicos que, de acordo con diversas filosofías ou fundamentacións, toda [[persoa]] posúe polo mero feito da súa [[ser humano|condición humana]] a garantía dunha vida digna; independentemente de cal sexa o [[Dereito positivo]] vixente e de factores particulares como o seu status, [[etnia]] ou [[nacionalidade]]. Dende un punto de vista máis relacional, definíronse como as condicións que permiten crear unha relación integrada entre a [[persoa]] e a [[sociedade]], que permita aos individuos ser persoas, identificándose consigo mesmos e cos outros <ref>Héctor Morales Gil de la Torre, ''Introducción: notas sobre la transición en México y los derechos humanos'', Obra: '''Derechos humanos: dignidad y conflicto''', ([[1996]]), México: Universidad Interamericana, ISBN 968-859-248-X, p. 19</ref>.
 
Estes dereitos, habitualmente, defínense como inherentes á persoa, irrevogables e inalienables, o que implica que non poden transmitirse, transferirse ou renunciar a eles: ninguén, por exemplo, pode venderse como [[escravitude|escravo]]. Por definición, este concepto de dereitos humanos é universal e [[igualdade|igualitario]], e incompatible cos sistemas baseados na superioridade dunha casta, [[raza]], pobo, grupo ou [[clase social]] determinado <ref>Thierry, Sur, Combacau, Valée; ''Droit International Public'', ([[1986]]), Paris: eslovaquia
Montchrestien, ISBN 2-7076-0334-1</ref>.
 
Non obstante, toda decisión sobre quelos pies de genaro dereitos son humanos implica asumir unha posición respecto a que é [[Dereito]] e, implícita ou explicitamente, sobre qué é o [[humano]]. Moitas violacións ou limitacións de dereitos humanos derívanse de concepcións restritivas e excluíntes da ''Humanidade''<ref>Helio Gallardo afirma que "se exterioriza ou proxecta un modelo de comportamento humano; se designa á proxección resultante como Humanidade constitutiva, e se xulga (e condena) a quen non encaixan nesa representación/valor como non humanos ou antihumanos". (Gallardo, Helio; ''Política y transformación social. Discusión sobre derechos humanos'', ([[2000]]), Quito: SERPAJ/Editorial Tierra Nueva, ISBN 9978-41-198-4, p. 40</ref>.
 
Os dereitos humanos, normalmente, divídense en dúas categorías: dereitos positivos e dereitos negativos. Os dereitos negativos poden ser expresados como un dereito positivo, pero non á viceversa. Por exemplo, o dereito dun bebé a ter pais e que o coiden, asumindo que é un dereito humano, só pode ser expresado positivamente. Outra clasificación amplamente estendida é a que ordena os dereitos humanos en tres ou máis xeracións.