Dereitos humanos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 88.26.235.114 (conversa); cambiado á última versión feita por Banjo
Liña 1:
{{1000}}
Os '''dereitos humanos789456123POETRWhumanos''' son aquelas [[liberdade]]s e [[dereito]]s básicos que, de acordo con diversas filosofías ou fundamentacións, toda [[persoa]] posúe polo mero feito da súa [[ser humano|condición humana]] a garantía dunha vida digna; independentemente de cal sexa o [[Dereito positivo]] vixente e de factores particulares como o seu status, [[etnia]] ou [[nacionalidade]]. Dende un punto de vista máis relacional, definíronse como as condicións que permiten crear unha relación integrada entre a [[persoa]] e a [[sociedade]], que permita aos individuos ser persoas, identificándose consigo mesmos e cos outros <ref>Héctor Morales Gil de la Torre, ''Introducción: notas sobre la transición en México y los derechos humanos'', Obra: '''Derechos humanos: dignidad y conflicto''', ([[1996]]), México: Universidad Interamericana, ISBN 968-859-248-X, p. 19</ref>.
 
Estes dereitos, habitualmente, defínense como inherentes á persoa, irrevogables e inalienables, o que implica que non poden transmitirse, transferirse ou renunciar a eles: ninguén, por exemplo, pode venderse como [[escravitude|escravo]]. Por definición, este concepto de dereitos humanos é universal e [[igualdade|igualitario]], e incompatible cos sistemas baseados na superioridade dunha casta, [[raza]], pobo, grupo ou [[clase social]] determinado <ref>Thierry, Sur, Combacau, Valée; ''Droit International Public'', ([[1986]]), Paris: Montchrestien, ISBN 2-7076-0334-1</ref>.