Diferenzas entre revisións de «Otón de Habsburgo-Lorena»

sen resumo de edición
(1ª ed. con info. da wiki en castelán.)
 
'''Otón de Habsburgo-Lorena e Borbón-Parma''' (en [[lingua alemá|alemán]]: ''Otto von Habsburg-Lothringen und Bourbon-Parma''), nado en [[Villa Warholz]], [[Reichenau an der Rax]], [[Baixa Austria]] o [[20 de novembro]] de [[1912]] e finado en [[Pöcking]], [[Baviera]], [[Alemaña]] o [[4 de xullo]] de [[2011]]),<ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2011/07/04/internacional/1309766541.html Fallece Otto von Hasburg] Diario ''El Muindo'' (España), 4-7-2011.</ref> foi o fillo maior de [[Carlos I de Austria e IV de Hungría]], último [[Imperio Austro-Húngaro|emperador de Austria]] e [[Reino de Hungría|rei de Hungría]], e da súa esposa [[Zita de Borbón-Parma]].
 
Liderou durante 85 anos (de [[1922]] a [[2007]]) a dinastía [[Habsburgo]] e foi o titular de todas as sús pretensións. Renunciou aos seus dereitos o [[1 de xaneiro]] de [[2007]] a favor de seu fillo o arquiduque [[Carlos de Habsburgo -Lorena|Carlos]]. Dinasticamente foi sobriño bisneto de [[Francisco Xosé I de Austria|Francisco Xosé I]], emperador de [[Austria-Hungría]], de [[Maximiliano I de México]] e do [[arquiduque]] [[Luís Vitor de Austria]].
 
Ostentou o nome oficial de "Súa Alteza Imperial e Real ''Francisco Xosé Otón Roberto María Antonio Carlos Maximiliano Henrique Sixto Xavier Félix Renato Luís Caetano Pío Ignacio'', Príncipe Imperial, Arquiduque de Austria, Príncipe Real de Hungría e de Bohemia", aínda que desde [[1919]] (confirmado en [[1959]]) en [[Austria]] foi oficialmente o ''Dr. Otto Habsburg-Lothringen''.