Stonehenge: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Primeira era: arranxiño
Liña 55:
=== Stonehenge 3 I (2600 anos antes da era actual) ===
[[Ficheiro:Stone Plan.jpg|miniatura|esquerda|Distribución das pedras na actualidade.]]
As escavacións arqueolóxicas indican que arredor do ano 2600 antes da era actual, os construtores abandonaron a madeira en favor da pedra, apareceron dous conxuntos concéntricos de ocos (Q e R) no centro do sitio. Estes zócaloszócolos de pedra son só parcialmente coñecidos (descrita como a formación de "media lúa"), poderían ser os restos dun dobre anel. Unha vez máis, hai poucas evidencias que confirmen isto. Os buratos son a base de ata 80 pedras azuis (amosadas no plano), só 43 das cales pódense rastrexar na actualidade. As pedras azuis (algunhas das cales están feitas de dolerita, unha rocha ígnea), pensouse durante gran parte do século XX que foran transportadas por humanos desde os outeiros de Preseli, a 240 km de distancia da actual Pembrokeshire en Gales. Outra teoría que recentemente gañou apoio é que foron traídas máis preto do sitio como bloques erráticos polos glaciares irlandeses. Outras pedras antigas ben puideron ser sarsens pequenos, utilizados despois como linteis. As pedras, que pesaban unhas catro toneladas, consistían principalmente en dolerita manchada Ordovícico pero hai exemplos de riolita, tobas e cinzas volcánicas e calcarias, en total sobre 20 diferentes tipos de rocha foron empregados. Cada unha mide uns 2 metros de altura, entre 1 m e 1,5 m de ancho e uns 0,8 metros de espesor. A que ía ser coñecida como a Pedra do Altar, é case seguro que provén xa sexa de Carmarthenshire ou de [[Brecon Beacons]] e puido permanecer como un monólito moi grande.
 
A entrada do NL ampliouse nese momento, precisamente coincide coa dirección da saída do sol e posta de sol do solsticio de inverno e verán. Esta fase do monumento foi abandonada sen rematar, aínda así, as pequenas pedras de pé retiráronse ao parecer, e os buratos de Q e R foron recheos. Aínda así, o monumento parece ter eclipsado o sitio en Avebury en importancia cara o final desta fase.