Lebor Gabála Érenn: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m →Véxase tamén: {{Commonscat}} |
Sen resumo de edición |
||
Liña 18:
# '''Do Pobo de Fir Bolg, Fir Domnann e Fir Gálioin''': Un grupo da dinastía de Nemed aséntase en Grecia, onde son escravizados. Douscentos trinta anos tras Nemed volven a Irlanda, e alí sepáranse en tres nacións, os Fir Bolg, os Fir Domnann e os Fir Gálioin, e alí permanecen até a chegada dos Tuatha Dé Danann.
# '''Do Pobo dos Tuatha Dé Danann''': Os Tuatha Dé Danann son descendentes doutro dos grupos sobreviventes do diluvio de Nemed. Chegan a Irlanda desde o norte, onde aprenderan as artes escuras da maxia pagá e os [[druída]]s, aproximadamente o día 1 de maio. Disputan o dominio de Irlanda aos Fir Bolg e os seus aliados na Primeira Batalla de Moytura (ou Mag Tuired). Os Dé Danann saen vitoriosos e expulsan aos Fir Bolg ao exilio das illas veciñas. Pero Nuada, rei de Dé Danann, perde o seu brazo dereito na batalla e é forzado a renunciar ao seu reino. Durante sete infelices anos a coroa é ostentada por Bres antes de que Dian Cécht lle faga un brazo de prata, e recupere o trono. Chega a guerra cos Fomorianos e ten lugar a Segunda Batalla de Moytura. Nuada cae diante de Balor, o Demo do Ollo, pero o seu irmán maior, Lugh do Longo Brazo asasínao e faise rei. Os Tuatha Dé Danann gozan do seu reinado durante cincuenta anos.
# '''A Invasión dos Milesios''': Retómase aquí a historia dos gaélicos, interrompida no libro 2. Íth, fillo de Breogán, que avistaba Irlanda desde unha torre en Hispania, viaxa a Irlanda para coñecer o seu descubrimento. É benvido polos reis, pero nobres envexosos asasínanos e o seu cadáver chega a Hispania. Os Milesianos, fillos do seu tío Míl Espáne, planean a súa vinganza e conquistan a illa. Ao chegar a Irlanda, encamíñanse a Tara, onde está a Corte, a reclamar a coroa. No camiño atópanse con Banba, Fodla e Ériu, tres mulleres que eran as tres raíñas co-rexentes daquelas terras. Cada unha das mulleres dá a benvida aos milesianos, e dinlles que o seu nome é aquel polo cal se coñece aquela terra, e preguntan se sairán vitoriosos da batalla. Un deles, o poeta Amergin, promételles que así será. En Tara son benvidos polos tres reis dos Tuatha Dé Danann, quen defenden a súa vontade de manter unido o reino. Decídese que os milesianos deben volver ás súas naves e distanciárense a nove ondas da costa, de maneira que os Tuatha Dé Danann poidan mobilizar o seu exército. Pero cando os Milesianos están a nove ondas de distancia, os
# '''Das Dinastías de Irlanda antes do Cristianismo''': Neste libro enuméranse distintas dinastías lendarias ou semi-históricas desde Éber e Éremon ata o principio do [[século V]].
# '''Das Dinastías de Irlanda despois do Cristianismo''': Este libro continúa coas dinastías cristiás. É o libro con mellor documentación.
|