Ilíada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
[[Ficheiro:Akhilleus_Patroklos_Antikensammlung_Berlin_F2278.jpg|miniatura|260px|[[Aquiles]] cura a [[Patroclo]]. Detalle de vaso realizado con técnica de [[cerámica grega|figuras vermellas]] 500 a.C.]]
[[Ficheiro:Beginning Iliad.svg|miniatura|260 px|Primeiros versos da ''Ilíada'': ''Canta, musa, a cólera do pélida Aquiles; negra cólera que causou infindos males aos aqueos e precipitou ao Hades moitas vidas valorosas de heroes, os que, por vontade de Zeus, fixo présa de cans e pasto de aves. Des que se separaron disputando o Atrida rei de homes e o divino Aquiles''.]]
A '''''Ilíada'''''  (en [[Lingua grega antiga|grego antigo]]: ''Ἰλιάς'', <small>[[Alfabeto Fonético Internacional|AFI]]</small>: [iːliás]) é, xunto coa obra a ''[[A Odisea]]'', (ambas as dúas traducidas e publicadas en galego na década de 1990 por [[Evaristo de Sela]]) o primeiro gran poema da [[literatura grega]] e o primeiro momento da chamada historia dos xéneros poéticos gregos. Atribuídas ambas xeralmente a [[Homero]], ''A Ilíada'' e ''A Odisea'' foron consideradas polos gregos da época clásica como as dúas obras máis importantes da súa literatura. Eran, para eles, a base da súa pedagoxía (''paideia'') e a súa recitación constituía unha parte central das cerimonias comunitarias gregas. Os estudosos disputan se Homero existiu, cando, e se nomea a un único individuo ou a un grupo de rapsodos.
 
== Datación ==
Liña 10:
Tanto ''A Ilíada'' como ''A Odisea'' están compostas no período propio do xénero épos, é dicir, en [[hexámetro dactílico|hexámetros dactílicos catalécticos]]. A Ilíada contén aproximadamente unhas 16.000 liñas. Máis tarde foi dividida en 24 libros ou rapsodias (unidades de recitación), e esta convención permanece sen cambiar ata o día de hoxe.
 
''A Ilíada'' tematiza 51 días do décimo e derradeiro ano da [[Guerraguerra de Troia]], concentrándose na xenreira (''mênis'') do mirmidón [[Aquiles]]. Comeza coa disputa entre Aquiles e [[Agamenón]], e acaba cos funerais de [[Héctor]]. Nin os antecedentes nin os primeiros anos da guerra (o secuestro de [[Helena]] desposada con [[Menelao]], por [[Paris]]) nin a fin (a morte de Aquiles e o [[cabalo de Troia]]) se narran efectivamente nna '''A Ilíada'', aínda que se fan presentes mediante diversas técnicas narrativas. Os materiais da ''Ilíada'' e da ''Odisea'' pertencen a un ciclo [[lenda]]rio que se xestaría ó longo dos chamados séculos escuros, chegando ata Homero. Só sobreviven pequenos treitos deses outros poemas.
 
== Estilo ==
Liña 64:
* Canto XXIV: Príamo pide o cadáver do fillo a Aquiles que, conmovido, cede. Heitor é debidamente velado en Troia.
 
== A Guerraguerra de Troia como bastidor da Ilíada ==
[[Ficheiro:Hector brought back to Troy.jpg|miniatura|dereita|290px|Os troianos levan o corpo de Héctor á cidade.]]
Homero, pertencente á esfera dos aedos que xestaran e transmitiran poemas orais ó longo dos séculos escuros, foi o primeiro que, coa axuda da escritura alfabética reacabada de introducir en Grecia (aproximadamente no 800 a.C.), puxo por escrito gran parte dos materiais da arte dos aedos para compoñer un poema de gran extensión e cunha planificación unitaria. Con el empeza a chamada "textualidade occidental".
 
O que segue son algúns dos antecedentes e desenvolvementos histórico-mitolóxicos da [[Guerraguerra de Troia]], coñecido por autores posteriores. Tanto Zeus como [[Poseidón]] desexaban a ninfa [[Tetis]] como esposa (cfr. Ístmica VIII de Píndaro) pero a profecía feita por [[Prometeo]] ou [[Themis]] aseguraba que o fillo de Tetis sería máis forte có seu pai. Debido a isto, Tetis foi entregada a un mortal: [[Peleo]], da casta dos Eácidas, que, por non ter nada que perder, puido enfrontarse ó perigo de casar con Tetis. O froito deste obrigado matrimonio foi Aquiles, o mellor dos heroes. Segundo algunhas versións posteriores á Ilíada, Tetis, para protexelo, cando era neno, mergullouno no [[río Styx]], converténdoo en invencible excepto polo calcañar (o lendario [[calcañar de Aquiles]]) co que o agarrou. Aquiles medrou deste xeito para chegar a ser o máis grande dos guerreiros mortais.
 
A muller máis fermosa do mundo era [[Helena]], filla de [[Leda]] ou Némesis e máis Zeus. Todo o mundo procuraba a súa man. O seu pai, dubidando de a quen escoller por temor a facer inimigos entre os que non fosen elixidos, resolveu o problema facéndolles xurar a todos os pretendentes que protexerían a Helena e o seu futuro marido. Entre eles estaban [[Agamenón]], [[Aiax]] o Grande, [[Diomedes]], [[Odiseo]], [[Néstor (mitoloxía)|Néstor]], [[Idomeneo]] e [[Filóctetes]]. Helena casou con [[Menelao]] de [[Esparta]] e a súa irmá [[Clitemnestra]] co irmán de Menelao, Agamenón de [[Tebas, Grecia|Tebas]]. Nunha misión diplomática a Esparta, [[Paris]] namórase de [[Helena]], que fora a súa vez prometida a Paris por Afrodita [sc. xuízo de Paris] e é raptada e levada a Troia por aquel. Furioso porque ou ben [[Helena]] o abandonara ou fora raptada, Menelao fai que todos os que fixeran o xuramento unan as súas forzas e se dirixan a Troia para rescatar a princesa e castigar os raptores. Desembarcados en Troia, asedian a cidade durante dez anos.