Literatura do Romanticismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Chabi (conversa | contribucións)
Chabi (conversa | contribucións)
Liña 19:
 
Na segunda etapa (''jüngere Romantik'') destacan os [[irmáns Grimm]], Jakob e Wilhelm, importantes filólogos e compiladores de tradicións e contos populares, moitos deles de fadas; [[E. T. A. Hoffmann]], creador de relatos fantásticos, e, no teatro, [[Georg Büchner]] fraguará dúas traxedias mestras: ''[[A morte de Dantón]]'' (1835) e ''[[Woyzeck]]''. Outras figuras importantes son [[Adelbert von Chamisso]] (1781-1838), autor de ''A marabillosa historia de Peter Schlemnihl'', tamén sobre o mito de Fausto, e [[Joseph von Eichendorff]], autor dunha [[novela picaresca]], ''Aus dem Leben eines Taugenichts'' ("Da vida dun tunante", 1826). O poeta máis importante é [[Heinrich Heine]], autor dun ''Romanceiro'' e un ''Libro de cantares''.
 
=== Romanticismo inglés ===
{{AP|Literatura do Romanticismo en Inglaterra}}
[[Imaxe:John Keats by William Hilton.jpg|thumb|200px|Retrato de [[John Keats]] por [[William Hilton]]]]
O Romanticismo comezou en [[Inglaterra]] case ao mesmo tempo que en Alemaña; no século XVIII xa deixaran sentir un certo apego reaccionario pola [[Idade Media]] (os [[Prerromanticismo|prerrománticos]] [[Thomas Chatterton]], [[James Macpherson]]) e unha nova sensibilidade melancólica fora explorada polos chamados [[Poetas de cemiterio]], correntes ambas que converxen no [[Prerromanticismo]] inglés; pero o movemento xurdiu á luz do día cos chamados [[Poetas lakistas]] ([[William Wordsworth|Wordsworth]], [[Samuel Taylor Coleridge|Coleridge]], [[Robert Southey|Southey]]), e o seu manifesto foi o prólogo de Wordsworth ás ''[[Baladas líricas]]'' publicadas conxuntamente polos dous primeiros, aínda que xa o presaxiaban no século XVIII [[Edward Young]] cos seus ''Pensamentos nocturnos'' ou [[William Blake]].
 
[[Lord Byron]], [[Percy Bysshe Shelley]], [[Mary Shelley]] e [[John Keats]] son os líricos canónicos do Romanticismo inglés. Despois viñeron o narrador [[Thomas De Quincey]], e os xa [[Posromanticismo|posrománticos]] [[Elizabeth Browning|Elizabeth Barrett Browning]] e o seu marido [[Robert Browning]], este último creador dunha forma poética fundamental no mundo moderno, o [[monólogo dramático]].
 
En narrativa destacan o escocés [[Walter Scott]], creador do xénero de [[novela histórica]] moderna coas súas ficcións sobre a [[Idade Media]] [[Reino Unido|inglesa]] e escocesa, imitadas en todo o mundo e ata na propia Escocia por [[Robert Louis Stevenson]], e outro novo xénero romántico, as [[novela gótica|novelas góticas]], entre as cales destacan ''Os misterios de Udolfo'' (1794), de [[Ann Radcliffe]], ''As aventuras de Caleb Williams'' (1794) de [[William Godwin]], ''O monxe'' de [[Matthew Lewis]] ou ''Melmoth o Errabundo'', de [[Charles Maturin]].
 
=== Romanticismo escandinavo ===
Aínda que o influxo da Ilustración foi fondo e persistente en Escandinavia, particularmente en Suecia, o Prerromanticismo arraigou pronto e estendeuse con facilidade, pois o clasicismo estético nunca chegou a penetrar de verdade nas literaturas nórdicas. Sen resistencia reviviron os temas das [[saga (literatura)|sagas]] e os [[escalda]]s, por exemplo en ''Rolf Krage'' e ''A morte de [[Balder]]'' do lírico danés [[Johannes Ewald]] (1743-1781), seica o máis inspirado dos poetas escandinavos do seu tempo. Tamén escribiu en prosa ensaios que contribuíron a fixar o estilo. Tras Ewald, o movemento aséntase e dá un gran poeta en Suecia: [[Erik Johan Stagnelius]] (1793-1823), e dous destacados autores en Dinamarca: [[Adam Oehlenschläger]] (1779-1850) e [[Bernhard Severin Ingemann]] (1789-1862).
 
=== Romanticismo neerlandés ===
O principal escritor romántico neerlandés é o poeta e clérigo calvinista [[Willem Bilderdijk]] (1756-1831), cuxos coterráneos adoitan situar xunto a Goethe e Lord Byron. Traduciu a [[Ossian]] entre 1802 e 1806. Acompañárono [[Hiëronymus van Alphen]] (1746-1803), [[Rhijnvis Feith]] (1753-1824), [[Hendrik Tollens]] (1780-1856) e [[Anthony Christiaan Winand Staring]] (1767-1840).
 
=== Romanticismo polaco ===
[[Imaxe:Adam_Mickiewicz_według_dagerotypu_paryskiego_z_1842_roku.jpg|thumb|200px|Daguerrotipo de Adam Mickiewicz]]
[[Bohemia]] e [[Polonia]] foron os únicos países eslavos que viviron desde antigo na órbita da cultura occidental, porque tiveron na [[Idade Media]] unha literatura latinoeclesiástica e coñeceron un renacemento humanístico importante. A poesía romántica de Polonia está rigorosamente unida aos afáns de [[Particións de Polonia|restauración nacional]]; Polonia fora repartida entre [[Rusia]], [[Austria]] e [[Alemaña]] e a nostalxia da nación perdida inspira o patriotismo dos escritores, moitos deles rebeldes, perseguidos e emigrados por mor deste nacionalismo.
 
O xenio da poesía polaca foi [[Adam Mickiewicz]] (1796-1885), cuxo poema «[[Dziady (poema)|Dziady]]» («Os antepasados») está inspirado en tradicións lendarias do país e no seu ''Libro da peregrinación polaca'' narra as desventuras de Polonia. [[Juliusz Słowacki]] é o principal dramaturgo polaco do Romanticismo; escribe baixo o influxo de [[Goethe]] e [[Víctor Hugo]] e sobresae tamén como poeta, escribindo lendas nacionais. Por último foi un lírico moi orixinal o visionario [[Zygmunt Krasiński]], de inspiración relixiosa e dantesca. Estes tres autores son coñecidos como os [[Tres Bardos]] (Trzej Wieszcze en [[Idioma polaco|polaco]]). Outros autores importantes, pero pertencentes á rama do Romanticismo tardío, foron [[Cyprian Kamil Norwid]] e [[Stanisław Wyspiański]].
 
=== Romanticismo italiano ===
O Romanticismo italián tivo o seu manifesto na ''Lettera semiseria di Grisostomo al suo figliolo'' de [[Giovanni Berchet]] ([[1816]]) e destaca, sobre todo, pola figura dos escritores [[Ugo Foscolo]] (1778-1827), autor do famoso poema «Os sepulcros» e de ''Ultime lettere dei Jacopo Ortis'' («Últimas cartas de Jacopo Ortis»), unha [[novela epistolar]] inspirada no ''[[Werther]]'' de [[Johann Wolfgang von Goethe]], considerada a primeira novela italiana moderna, e [[Giacomo Leopardi|Giacomo Leopardi]] (1798-1837), cuxo profundo [[pesimismo]] vértese en composicións como «A si mesmo», «O infinito» ou «A Italia». O romanticismo italiano tivo tamén unha gran [[novela histórica]], ''I promessi sposi'' (''Os noivos''), de [[Alessandro Manzoni]].
 
=== Romanticismo ruso ===
[[Imaxe:A_S_Pushkin_by_V_G_Sidorenko.jpg|thumb|150px|Busto de Pushkin, por [[V. G. Sidorenko]]]]
En [[Rusia]], o Romanticismo supuxo toda unha revolución, pois autorizou como lingua literaria o ata entón pouco cultivado [[idioma ruso]]. Forxouse no [[Círculo Arzamás]] de [[San Petersburgo]] constituído entre 1815 e 1818 por [[Aleksandr Pushkin]], [[Vasili Zhukovski]], [[Konstantín Bátiushkov]], [[Piotr Viázemski]] etc.> Pero a gran figura do movemento foi [[Aleksandr Pushkin]], acompañado de numerosos seguidores e imitadores. O primeiro en escribir un poema romántico foi [[Vasili Zhukovski]] (1783-1852) con ''O cemiterio de aldea''. Seguiulle o seu discípulo [[Konstantín Bátiushkov]] (1787-1855) e os chamados poetas [[Decembrismo|decembristas]] rusos, os revolucionarios [[Kondrati Ryléyev]] (1795-1826), [[Wilhelm Küchelbecker]] (1797-1846) e [[Aleksandr Bestúzhev]] (1797-1837). Tras o romanticismo filosófico do grupo [[Liubomudri]], formado polo poeta [[Dmitri Venevítinov]] (1805-1827) o último gran romántico ruso é [[Fiódor Tiútchev]] (1803-1873).
 
== Romanticismo francés ==