Jean Alesi: Diferenzas entre revisións
a primeira edición de esta páxina procede da información de en:Jean Alesi |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 12 de novembro de 2016 ás 11:29
Este artigo está a ser traducido ao galego por un usuario desta Wikipedia; por favor, non o edite. O usuario Fendetestas (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 7 anos. Se o usuario non publica a tradución nun prazo de trinta días, procederase ó seu borrado rápido. |
Jean Alesi (59 anos) | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | Italia |
---|---|
Anos en activo | 1989–2001 |
Escudería(s) | Tyrrell, Ferrari, Benetton, Sauber, Prost, Jordan |
Grandes Premios disputados | 202 (201 saídas) |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 1 |
Podios | 32 |
Pole positions | 2 |
Voltas rápidas | 4 |
Primeiro GP | Gran Premio de Francia de 1989 |
Primeira vitoria | Gran Premio do Canadá de 2005 |
Derradeira vitoria | Gran Premio do Canadá de 2005 |
Derradeiro GP | Gran Premio do xapón de 2001 |
Jean Alesi (nado como Giovanni Alesi o 11 de xuño de 1964) é un piloto de carreiras francés de orixe italiana. O seu pai, Franco, era un mecánico de Alcamo, Sicilia, e a súa nai era de Riesi.
Logo de varios éxitos nas categorías menores, o máis notable o campionato da fórmula 3000 de 1989, a súa traxectoria na Fórmula 1 incluíu tempadas en Tyrrell, Benetton, Sauber, Prost, Jordan e Ferrari, onde demostrou ser moi popular entre os tifosi. Durante a súas tempadas en Ferrari de 1991 a 1995, o seu estilo de condución agresivo, combinado co uso do número 27 no seu coche, levou a algúns xornalistas, e aos tifosi, a comparalo con Gilles Villeneuve.[1] Gañou o Gran Premio do Canadá de 1995, pero resultou ser a única vitoria da súa carreira na Fórmula Un. Durante a súa estadía na Fórmula Un, Alesi era particularmente bo en mollado, e era un corredor temperamental e apaixonado, cuxas emocións ás veces mellorábano.[2]
Logo de abandonar a Fórmula Un, de 2002 a 2006 Alesi correu no campionato de Deutsche Tourenwagen Masters (DTM), gañando algunhas carreiras, e o seu mellor resultado foi un quinto lugar no campionato de pilotos. Competiu na serie de Speedcar en 2008 e 2009, e correu en Le Mans en 2010. Tamén competiu nas 500 Millas de Indianapolis en 2012 e converteuse no piloto profesional máis vello en realizar a proba do novato para a admisión á competición. Durante varios anos tamén foi comentarista do programa de televisión italiano Pole Position. En 2006 Alesi recibiu a Chevalier de la Légion d’honneur.[3]
Inicios
Alesi naceu en Avignon, Vaucluse de pais sicilianos. Comezou a súa carreira cunha paixón polos rallys en lugar da velocidade,[4] empezou no karting á idade de 16 anos,[5] E logo nos monoprazas en 1984 a través do campionato francés Renault 5, onde correu dúas tempadas. Gañou o título de 1987 de Fórmula 3.ref name="JA">"Driver: Jean Alesi" (en English). Consultado o 14 June 2009.</ref> Antes de pasar á Fórmula Internacional 3000 en 1988. A tempada de 1988 foi unha decepción, terminou décimo no campionato con dous podios, non axudado por problemas dentro do equipo. Con todo, en 1989 uniuse ao equipo Jordan Formula 3000 e gañou o campionato. En 1989 Alesi empatou en puntos para o título da F3000 con Érik Comas, pero gañou o título polo número de triunfos, anotara tres por dous de Comas. Tamén correu nas 24 Horas de Le Mans no mesmo ano, pero un lume obrigouno a retirarse na cuarta hora da carreira.[6]
Fórmula Un
Resultados Completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Resultados nas 24 Horas de Le Mans
Ano | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | Voltas | Pos. xeral | Pos. clase |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1989 | Team Schuppan | Will Hoy Dominic Dobson |
Porsche 962C | C1 | 69 | Ret | Ret |
2010 | AF Corse | Giancarlo Fisichella Toni Vilander |
Ferrari F430 GT2 | GT2 | 323 | 16º | 4º |
Resultados completos nas Deutsche Tourenwagen Masters
(key) (Races in bold indicate pole position) (Races in italics indicate fastest lap)
Ano | Equipo | Coche | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | DC | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2002 | HWA Team | AMG-Mercedes CLK-DTM | HOC QR 8 |
HOC CR 3 |
ZOL QR 9 |
ZOL CR 10 |
DON QR 1 |
DON CR 1 |
SAC QR 16 |
SAC CR Ret |
NOR QR 5 |
NOR CR 4 |
LAU QR 14 |
LAU CR 8 |
NÜR QR 11 |
NÜR CR Ret |
A1R QR 4 |
A1R CR 3 |
ZAN QR 14 |
ZAN CR 8 |
HOC QR Ret |
HOC CR Ret |
5º | 24 |
2003 | AMG-Mercedes CLK 2003 | HOC 4 |
ADR 7 |
NÜR Ret |
LAU 5 |
NOR 5 |
DON 1 |
NÜR 6 |
A1R Ret |
ZAN 5 |
HOC 1 |
5º | 42 | |||||||||||
2004 | AMG-Mercedes C-Klasse 2004 | HOC Ret |
EST 7 |
ADR 3 |
LAU 5 |
NOR 10 |
SHA1 4 |
NÜR 7 |
OSC 10 |
ZAN 11 |
BRN 8 |
HOC 5 |
7º | 19 | ||||||||||
2005 | AMG-Mercedes C-Klasse 2005 | HOC 1 |
LAU 7 |
SPA 4 |
BRN 9 |
OSC 13 |
NOR Ret |
NÜR 7 |
ZAN Ret |
LAU 8 |
IST 7 |
HOC 13 |
7º | 22 | ||||||||||
2006 | Persson Motorsport | AMG-Mercedes C-Klasse 2005 | HOC 6 |
LAU 7 |
OSC 8 |
BRH 6 |
NOR Ret |
NÜR 4 |
ZAN Ret |
CAT 14 |
BUG 11 |
HOC 8 |
9º | 15 |
1 - Shanghai was a non-championship round.
Resultados completos nas carreiras americanas de rodas abertas
(key)
IndyCar Series
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | Ranq. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2012 | Fan Force United | Dallara DW12 | Lotus | STP | ALA | LBH | SAO | INDY 33 |
DET | TXS | MIL | IOW | TOR | EDM | MDO | SNM | BAL | FON | 34th | 13 |
Indianapolis 500
Ano | Chasis | Motor | Saída | Final | Equipo |
---|---|---|---|---|---|
2012 | Dallara | Lotus | 33 | 33 | Fan Force United |
Notas
- ↑ Nestore Morosini; Giancarlo Faletti; Carlo Gradini (September 1994). "Alesi, un pomeriggio da Villeneuve". corriere.it.
- ↑ Jean Alesi: The Wrong Time and the Wrong Place Retrieved 21 de xuño de 2015.
- ↑ GPUpdate.net - Jean Alesi, Chevalier de la Légion d'Honneur Retrieved 5 September 2010. Copia arquivada en Wayback Machine
- ↑ Cremonesi, Andrea (November 1999). "E ora Alesi s'inventa rallista!". Gazzetta dello sport. p. 24.
- ↑ Zambardino, Vittorio (November 1990). "Nel paese dove i vecchi parlano di motori". Repubblica. p. 35.
- ↑ "24 Heures 1989 - Circuit de 13.535 km". Arquivado dende o orixinal o June 8, 2009. Consultado o 16 de xuño de 2009.
Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Jean Alesi |
- Jean Alesi Official website (en francés)
- Jean ALESI - Vin Côte du Rhône "Clos du de l'Hermitage" un vin d'exception Jean Alesi's vineyard website (en francés)
- Jean Alesi official Fans Club "Italia" Modelo:It icon (en inglés)