Magosto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4044868 de Alfonso Márquez (conversa)
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 15:
== Orixes ==
[[Ficheiro:Castañas asadas.jpg|miniatura|esquerda|Castañas asadas.]]
Existen varias teorías que intentan explicar a etimoloxía da palabra. Hai quen a fai vir do latín ''magnus ustus'', 'gran fogueira', dentro dos cultos ígneos que, como a [[noite de Sansan Xoán]], marcaban o paso das estacións<ref>[[Aníbal Otero]] (''Hipótesis etimológicas referentes al gallego-portugués'' (1949-1976)) discrepa desta teoría, e López Témez di que ''no convence a casi nadie, por la poca base en la que sustenta''.</ref>; outros, de ''magnus'', que significaría ou ben 'magno, grande', ou ben 'mago, maxia'; e outros do celta ''mag'', campo ou mesmo do protocelta *Magon- e *glustu- ('gran luz)' ou *Magon- e *ouxto- ('gran frío)'<ref>[http://www.spns.org.uk/ProtoCelt.pdf Proto-Celtic ― English]</ref>. López Gómez ve alusión a ese suposto "mago do lume" nun ''gran boneco ou espantallo feito entrabando pólas e que simbolicamente presidía a festa e finalmente se chamuscaba, aureolado, adornado de rosarios ensarillados de castañas. Ardía o xigantón entre aturuxos e competitivos brincos, como aínda se fai nalgunhas outras fisterras atlánticas''.
 
[[Manuel Murguía|Murguía]] relacionaba esta festa cos defuntos (que se celebraban no día seguinte), considerándoa un banquete funerario: as castañas simbolizarían a morte e o viño novo a vida. [[Xosé Ramón Mariño Ferro|Mariño Ferro]] tamén escribiu que a castaña é símbolo de vida que combate á morte: de aí que a castaña apareza nos ritos funerarios (Mariño Ferro: 260).
Liña 21:
Outros autores tamén reflicten a relación entre os defuntos e este costume de asar castañas. O historiador [[Bernardo Barreiro]] recolle esta descrición das enchentes que se celebraban xa no [[século XVI]] para celebra-lo Día de Defuntos:
{{cita|''Os notables da parroquia, dentro da capela, xantaban e bebían a fartar en altares convertidos en mesas para a ocasión. Os pobres, entrementres, preparaban castañas no adro mentres agardaban a xenerosidade dos principais.<ref>"Crónicas da parroquia dos mortos", en ''La Voz de Galicia'', 2.11.2002. Bernardo Barreiro recolle así a testemuña do bispo de Mondoñedo Antonio de Guevara, en 1551.</ref>}}
Mais, a explicación máis repetida lévanos a pór en relación este substantivo co verbo agostar, que significa ‘facer perder a humidade’, o que se pode dar por unha calor excesiva, como a que se lles aplica ás castañas no magosto<ref>{{Cita web|url=http://portaldaspalabras.gal/lexico/setestrelo/souto-ao-magosto/|páxina-web=Portal das Palabras|título=Do souto ao magosto|data-acceso=12 de novembro de 2016}}</ref>.
En calquera caso existe coincidencia en considerar os magostos como unha festa de orixe pagá, relacionada coa fecundidade e o folclore do lume que marca o paso dos ciclos agrícolas, a modo de simbolismo de peche do ciclo solar. Como aconteceu con outras festividades pagás, terminou sendo [[cristianismo|cristianizada]] asociándoa ós Santos e Defuntos ou a [[Martiño de Tours|San Martiño de Tours]]. Existe constancia dalgunhas prácticas [[superstición|supersticiosas]] relacionadas coa crenza de que o lume ten vida propia e un certo carácter sagrado: nunca se debía cuspir sobre o lume, nin botar nel restos de comida ou calquera outra cousa <ref>Hai quen especifica que non se deben botar sementes ou ovos, porque son símbolo de vida.</ref>. Non se debía matar o lume senón que cumpría deixar que as brasas se apagasen soas, pouco e pouco: críase que as [[ánima]]s viñan quentarse á noite no rescaldo. Outros din que cada castaña comida era unha alma que se sacaba do [[purgatorio]], e para que estas ánimas puidesen comer algo, sempre se deixaba algunha castaña entre as brasas.
 
En calquera caso existe coincidencia en considerar os magostos como unha festa de orixe pagá, relacionada coa fecundidade e o folclore do lume que marca o paso dos ciclos agrícolas, a modo de simbolismo de peche do ciclo solar. Como aconteceu con outras festividades pagás, terminou sendo [[cristianismo|cristianizada]] asociándoa ós Santos e Defuntos ou a [[Martiño de Tours|Sansan Martiño de Tours]]. Existe constancia dalgunhas prácticas [[superstición|supersticiosas]] relacionadas coa crenza de que o lume ten vida propia e un certo carácter sagrado: nunca se debía cuspir sobre o lume, nin botar nel restos de comida ou calquera outra cousa <ref>Hai quen especifica que non se deben botar sementes ou ovos, porque son símbolo de vida.</ref>. Non se debía matar o lume senón que cumpría deixar que as brasas se apagasen soas, pouco e pouco: críase que as [[ánima]]s viñan quentarse á noite no rescaldo. Outros din que cada castaña comida era unha alma que se sacaba do [[purgatorio]], e para que estas ánimas puidesen comer algo, sempre se deixaba algunha castaña entre as brasas.
 
== O magosto na literatura popular galega ==
Liña 61 ⟶ 63:
Tamén se celebra noutras localidades do noroeste peninsular, como [[Asturias]] (baixo o nome de ''magüestu''), [[Cantabria]] (''Magosta''), [[País Vasco]] (''Gaztainerre'' ou ''gaztañarre''), [[provincia de León|León]] ou [[provincia de Zamora|Zamora]]. Mesmo en [[Cataluña]]: ''Castanyada''.
 
Tamén é unha festa moi popular en [[Portugal]], co nome de ''magusto'', ó redor do día de Sansan Simón (18 de outubro), Tódolos Santos ou Sansan Martiño. Na Aldeia Viçosa (do concello da Guarda), celébrase o ''Magusto da Velha'' [http://www.jf-aldeiavicosa.pt/cultura.html].
 
Segundo [[Leite de Vasconcelos]] o ''magusto'' é o resto dun antigo sacrificio en honor dos mortos, e recolle a tradición de preparar, na media noite, unha mesa con castañas para que as coman os mortos da familia. Ninguén máis tocaba esas castañas porque se cría que estaban ''lambidas polos defuntos''.