Alfabetización: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 29:
Xa que logo, por [[alfabetización dixital]] pódese entender o proceso de adquisición dos coñecementos necesarios para coñecer e utilizar adecuadamente as [[infotecnoloxía]]s e poder responder criticamente ós estímulos e esixencias dunha contorna informacional cada vez máis complexa, con variedade e multiplicidade de fontes, medios de comunicación e servizos.
 
Estar alfabetizado dixitalmente sería posuír a capacitación imprescindible para sobrevivir na [[sociedade da información]] e poder actuar criticamente sobre ela. Trátase de atender ós fins últimos da educación como ferramenta de transformación social. O modelo de alfabetización dixital debe ser multidimensional, activo e dinámico, cun transfondocontexto ético-político fundamental, que vai máis alá da simple adquisición de destrezas para utilizar o computador ou acceder á rede, transcendendo o campo da informática. Require habilidades e coñecementos, pero tamén concienciación e actitudes críticas. Nese sentido, achégase o concepto de [[alfabetización informacional]], entendida como a capacidade para acceder e usar de modo reflexivo, crítico e intencional a información.
 
==Alfabetización en Galiza<ref>[http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=5&idEdicion=1009&idNoticia=343606 "El analfabetismo total afecta a unos cincuenta mil gallegos"], artigo en ''[[El Correo Gallego]]'', 17 de setembro de 2008 {{es}}.</ref>==