Marco Polo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 213.96.251.146 (conversa); cambiado á última versión feita por Banjo
Liña 17:
== Traxectoria ==
=== A primeira viaxe ===
Os mercadores de VeneciaBenecia, coñecidos comerciantes e viaxeirosbiaxeiros, viaxaronbiaxaron moito en busca de mercadorías e clientes, mais poucos chegaron tan lonxe coma os Polo. Na familia Polo houbo outros exploradores ademais de Marco. O seu pai Nicolau (ou ''Nicolò'', en veneciano) e o seu tío Mateo (ou ''Maffio'') eran prósperos mercadores dedicados ao comercio con Oriente. Ambos partiron cara a [[Asia]] en [[1255]] e alcanzaron a China en [[1266]], chegando a [[Khanbaliq]] cerca de [[Pequín]]. Volveron da China como enviados do [[Kublai Khan]] cunha carta para o [[Papa]] na que pedía que enviase a xente ilustrada que ensinase no seu imperio, para informar os [[mongois]] sobre a súa forma de vida.
 
Existe unha tradición que di que a familia Polo procedía da illa de [[Curzola]] no [[Mar Adriático]] (actualmente [[Korcˇula]], parte de [[Croacia]]). Non é seguro, pois existen probas reais a favor e en contra desta afirmación, sen rexistros definitivos que permitan discernir a verdade. A cidade de Korcˇula segue conservando unha vella casa da que se di que é onde naceu Marco. Sexa ou non verdade, os Polo gañaron preeminencia en Venecia e son historicamente considerados venecianos.