Alnico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 4 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q658684
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *proprio e outros
Liña 3:
Co nome de '''alnico''' coñécense unha serie de [[aliaxe]]s de [[ferro]], [[aluminio]]), [[níquel]] e [[cobalto]], ademais doutros elementos. O nome destas ligas está formado pola xustaposición ([[acrónimo]]) dos [[símbolo]]s químicos dos [[elemento químico|elementos]] [[Al]], [[Níquel|Ni]] e [[Co]].
 
As aliaxes ''alnico'' foron descubertas na década de [[1920]], e permitiron a produción industrial de [[imán]]s artificiais con [[indución magnética]] moi superior á dos naturais. Un imán de alnico é capaz de levantar máis de 1000 veces o seu propriopropio peso.
 
Unha das ligas máis coñecidas é o alnico 5, que contén aproximadamente un 15 % de Ni, un 25 % de Co, un 9 % de Al, un 3 % de Cu e un 48 % de Fe, desenvolvida durante a [[segunda guerra mundial]], e que conduciu a unha nova xeración de motores de imán permanente e de [[altofalante]]s. Outra, o alnico 12, ten un 18 % de Ni, un 35% %de Co, un 6 % de Al, un 8 % de [[Ti]] e un 33 % de Fe.
 
Estas aliaxes están dispoñíbeis en moitos formatos, como barras, "ferraduras" etc., normalmente fabricadas por fundición, someténdoas despois a un proceso de rectificación para atinxir precisión nas dimensións.
Liña 11:
Os imáns de alnico teñen grande estabilidade térmica, ou sexa, manteñen as súas características nunha amplísima gama de temperaturas, desde aproximadamente os -250 °C até os 550 °C. Estes [[material|materiais]] son tamén moi resistentes á [[oxidación]].
 
As súas principais aplicacións son a fabricación de altofalantes, motores eléctricos e xeradores de pequeno tamaño, válvulas etc. Tamén foron moi uadosusados para instrumentos de medida, como velocímetros, tacógrafos, medidores de enerxía eléctrica etc.
 
[[Categoría:Aliaxes]]