Grou: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *esquelete e outros
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=2427679
Liña 52:
 
=== Emigración ===
En inverno diríxense cara ó sur seguindo varias rutas, estudadas xa dende o século XIX. Os exemplares suecos, noruegos e se cadra os do norte de Finlandia, viaxan seguindo a dirección norte-sur óa travesotravés de Suecia. A partida faise, en xeral, entre agosto e outubro. A mediados de agosto empezan a chegar ás costas alemás entre os ríos [[río Oder|Oder]] e o [[río Dars|Dars]]. Outros exemplares cruzan Polonia e Estonia. A migración dende Alemaña segue maioritariamente en dirección ata Francia, onde algúns pasan o inverno. Atravesan Francia en diagonal para chegaren ata ó sur de [[España]] onde acaba a viaxe de máis das aves, por ben que algunhas continúan ata o norte de África. O voo de regreso comeza a finais de xaneiro e acada o seu punto máximo a finais de febreiro e primeiros de marzo.O número de exemplares que seguen a ruta do oeste de Europa pasou dos 40.000 de primeiros dos anos [[1980]] a uns 150.000 no [[2001]]..
 
As poboacións bálticas, bielorrusas, do oeste de [[Ucraína]], o leste de [[Polonia]] , xunta coas finesas e as do noroeste de [[Rusia]] viaxan sobre as chairas [[Hungría|húngaras]] para despois dividírense en dous grupos: un occidental (unhas 20.000 aves) que, despois de sobrevoar os [[Balcáns]] e o [[Mar Adriático|Adriático]] chega por [[Sicilia]] ata [[Tunicia]], e outro oriental (uns 50.000 exemplares) de traxectoria pouco coñecida, e do que algúns exemplares parece que invernan en [[Israel]] e o resto continúa ata o leste de África..