Jesús de Monasterio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *brilante
Liña 18:
}}
 
'''Jesús de Monasterio y Agüeros''', nado en [[Potes]] ([[Cantabria]]) en [[1836]] e finado en [[Casar de Periedo]] ([[Cantabria]]) en [[1903]], foi un [[violín|violinista]], [[compositor]] e [[Pedagoxía|pedagogo]] [[España|español]]. Dá nome a un dos dous conservatorios de [[Santander]] (chamándose o outro nomeouse en honor a [[Ataúlfo Argenta]]).
 
== Traxectoria ==
É xunto con [[Pablo Sarasate]] é o maior representante da [[escola violinística española]], na que destaca como clasicista. Tralos seus primeiros estudos, trasladouse a [[Bruxelas]] ([[Bélxica]]) onde estudou con [[Charles-Auguste de Bériot|Bériot]]. Dende alí comezou unha carreira brilantebrillante como virtuoso por [[Europa]] antes de volver a instalarse en [[España]] para exercer labores de alta docencia e de organización e pulo da vida musical. En Madrid foi director do [[Real Conservatorio Superior de Música de Madrid|Conservatorio Nacional de Música]], músico da [[Capilla Real (Madrid)|Real Capilla]] e académico fundador da Sección de Música na [[Real Academia de Belas Artes de San Fernando]]. Como docente formou á meirande parte dos violinistas activos de relevancia na España de principios do [[século XX]].
 
Participou no [[pintoresquismo musical|alhambrismo]] e o seu labor foi fundamental na introdución das obras de [[Richard Wagner|Wagner]] no panorama musical español e un dos máis importantes difusores da [[música de cámara]]. En [[1863]] fundou, xunto co [[piano|pianista]] [[Juan María Guelbenzu]], a [[Sociedad de Cuartetos de Madrid]]. En [[1866]], xunto a [[Francisco Asenjo Barbieri|Barbieri]] e [[Joaquín Gaztambide|Gaztambide]] fundou a [[Sociedad de Conciertos de Madrid]], orquestra chave no ambiente musical español, coa que se adicou á promoción do sinfonismo [[Alemaña|alemán]], especialmente as Sinfonías de [[Ludwig van Beethoven]].