Cigurat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *divinidade
Liña 4:
Un '''cigurat''' é un anexo monumental nos [[templo]]s mesopotámicos, común aos [[Sumeria|sumerios]], [[Babilonia|babilonios]] e [[Asiria|asirios]], pertencente á época do antigo [[val]] da [[Mesopotamia]] e construído en forma de pirámide terraplanada. O formato era de varios andares construídos uns sobre outros, coa diferenza de que cada andar superior ten unha [[área]] menor que a da plataforma inferior sobre a cal se asenta. As plataformas poderían ser rectangulares, ovais ou cadradas, e o seu número variaba de dous a sete. A planta adoitaba ser cadrada cuns lados de 60 ou 70 m con ángulos orientados cara aos catro puntos cardinais e unha altura de entre 15 e 30 m.
 
A función dos cigurats eran de servir de soporte icónico ás "vodas sagradas", a cerimonia de unión da divindade coa humanidade a través do rei. O mobiliario era un podio e un altar, [[Heródoto]] menciona un leito (o podio) luxoso e unha mesa (Altar) de ouro. Os cigurats levantábase no centro dos recintos sagrados ou "templo"(non era un edificio senón un conxunto deles) pero a estatua da divinidadedivindade atopábase noutornoutro eidifiocedificio, unha pequena cellacela onde recibía os coidados dun sacerdote especializado (xa que incumplir algún ritual podía supoñer a cólera do deus que enviaría unha peste, temporal, invasores, etc.) onde recibía ofrendas, estatuíñas votivas, etc. A maioría dos cigurats desapareceron convertidos en outeiros de tixolos de barro, ou deixando un "negativo" en forma de tixola cadrada.
 
O centro do cigurat facíase de [[ladrillo]]s cocidos ao sol, o exterior da construción mostraba adornos de ladrillos cocidos. Os adornos normalmente eran envidrazados en cores diferentes, posibelmente contendo significaciónsignificado [[cosmoloxía|cosmolóxicacosmolóxico]]. O acceso ao templo, situado no topo do cigurat, facíase por unha serie de ramplas construídas no flanco da construción ou por unha rampla en forma de [[espiral]] que subía dende a base ata o cume do edificio. Os exemplos máis antigos de cigurats datan do final do terceiro milenio a. C., encanto os máis tardíos, do [[século -VI|século VI a. C.]], e algúns dos exemplos máis notábeis desas estruturas inclúen as ruínas da cidade de [[Ur]] e de [[Khorsabad]] na [[Mesopotamia]].
 
A idea que se ten de que servían como lugar de idolatría ou cerimonias públicas, con todo, non é correcta. NaEn [[Mesopotamia]] acreditábase que eran a morada dos [[deus]]es. A través dos cigurats as divindades colocaríanse preto da [[humanidade]], razón pola cal cada cidade adoraba seu propio deus ou [[deusa]]. Alén diso, apenas os [[sacerdote]]s podían entrar no cigurat, e era deles a responsabilidade de coidar da adoración aos deuses e facer que atendesen as necesidades da comunidade. Naturalmente os sacerdotes gozaban dunha reputación especial na sociedade [[sumeria]].
 
Un exemplo de cigurat máis simples é o do [[Templo]] Branco de [[Uruk]], na antiga [[Sumeria]], que debe ter sido construído por volta de 400-300 a. C. O propio cigurat é a base sobre a cal o Templo Branco repousa, e a súa función é trazar o templo máis próximo aos [[ceo]]s, de forma que puidese dar acceso dende o chan ata aló. A estrutura tería a función, polo tanto, dunha ponte entre os dous mundos. Por iso acredítase que o templo dos sumerios sería un [[eixo]] cósmico, unha conexión vertical entre o ceo e a terra, e entre a terra o [[submundo]]; e unha conexión horizontal entre as terras. Construído en sete niveis, ou camadas, o cigurat representaría os sete ceos, ou planos de existencia, os sete [[planeta]]s e os sete metais a eles asociados e as súas cores correspondentes.