Bazo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Epiplón > epíploon.
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 94:
Nos [[condrictios|peixes cartilaxinosos]] e nos [[actinopterixios]] o bazo consta principalmente de polpa vermella e é normalmente un órgano algo alongado que se encontra dentro da cuberta [[serosa]] do [[intestino]]. En moitos [[anfibio]]s, especialmente nas [[ra]]s, ten unha forma máis arredondada e ten xeralmente unha maior cantidade de polpa branca.<ref name=VB>{{cita libro |autor=Romer, Alfred Sherwood, e Parsons, Thomas S.|ano=1977 |título=The Vertebrate Body |editor=Holt-Saunders International |location= Philadelphia, Pennsylvania|páxinas= 410–411|isbn= 0-03-910284-X}}</ref>
 
Nos [[réptiles]], [[aves]], e [[mamíferos]], a polpa branca é sempre relativamente abondosa, e nos últimos dous grupos, o bazo é tipicamente arredondado, aínda que axusta a súa forma segundo como se dispoñan os órganos que o rodean. Na gran maioría dos vertebrados, o bazo segue a producir glóbulos vermellos durante toda a vida, e só nos mamíferos esta función se perde nos adultos. Moitos mamíferos posúen pequenas estruturas similares a bazos chamadas '''[[nodo hemal|nodos hemais]]''' por todo o corpo, que se supón que teñen a mesma función ca do propio bazo.<ref name=VB/> O bazo dos mamíferos acuáticos é nalgúns aspectos diferente ao dos mamíferos terrestres. En xeral, o bazo dos mamíferos acuáticos é de cor azulada. Nos [[cetáceos]] e [[manatí]]s tende a ser bastante pequeno, pero nos [[pinnípedes]] ([[foca]]s) que se mergullan a grandes profundidades pode ser bastante masivo, debido a que ten a funcionfunción de almacenar glóbulos vermellos.
 
Os únicos vertebrados que carecen de bazo son as [[lamprea]]s e os [[mixino]]s. Mesmo nestes animais hai unha capa difusa de [[tecido hematopoético]] dentro da parede intestinal, que ten unha estrutura simnilar á polpa vermella, e suponse que é unha estrutura homóloga ao bazo dos vertebrados.<ref name=VB/>