Estómago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
Isili0n (conversa | contribucións)
*Epiplón > epíploon.
Liña 38:
O esófago determina a [[incisura cardial]], que serve de [[válvula]] para previr o refluxo gastroesofáxico. Cara á esquerda e arriba (baixo a cúpula diafragmática) esténdese o fondo, ocupado por aire e visible nas radiografías simples. Continúa co corpo, porción alongada que pode "pender" máis ou menos no abdome. Despois segue un traxecto máis ou menos horizontal e cara á dereita, para continuar coa porción pilórica, que consta do antro pilórico e do conduto pilórico separado do dudeno polo [[esfínter pilórico]]. Neste punto a parede engrósase de modo considerable pola presenza de abundantes fibras circulares da capa muscular que forman o [[esfínter]] pilórico.
 
A forma aplanada do estómago en repouso determina a presenza dunha cara anterior, visible no ''situs abdominis'', e unha cara posterior que mira a transcavidade dos [[epiplónEpíploon|epíploons]]s (cavidade omental), situada detrás. Así mesmo, determina a presenza dunha marxe inferior (curvatura maior) que mira abaixo e á esquerda, e unha marxe superior (curvatura menor) que mira arriba e á dereita. Como consecuencia dos xiros do estómago en período embrionario, pola curvatura maior continúa o estómago co omento (epiplónepíploon) maior, e a menor co omento (epiplónepíploon) menor.
 
A luz do estómago ten uns pregos de [[mucosa gástrica|mucosa]] lonxitudinais, sendo os máis importantes dous paralelos e próximos á curvatura menor, que forman a canle do estómago. Os pregos diminúen no ''fundus'' e na porción pilórica.
Liña 44:
A parede gástrica consta dunha serosa que recobre tres capas musculares (lonxitudinal, circular e oblicua, citadas desde a superficie cara á profundidade). A capa [[submucosa]] dá ancoraxe á mucosa, que consta de células que producen [[moco]], [[ácido clorhídrico]] e enzimas dixestivos.
 
O estómago ten uns sistemas de fixación nos dous extremos, que quedan unidos pola curvatura menor a través do omento (epiplónepíploon) menor. A nivel do cardias existe o ligamento gastrofrénico pola parte posterior, que o une ao [[Músculo diafragma|diafragma]].
 
Pola parte pilórica queda unido á cara inferior do fígado polo ligamento gastrohepático, parte do tumulto menor. Estes sistemas de fixación determinan as súas relacións con outros órganos abdominais. Non obstante, debido non só aos xiros do estómago, senón tamén ao desenvolvemento embrionario do fígado, as relacións do estómago establécense a través dun espazo que queda por detrás, a cavidade omental ou transcavidade dos epiplónsepíploons.
 
=== Irrigación arterial ===