Andrei Tarkovskii: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=amplo
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 5:
Andrei Tarkovskii, de nacionalidade rusa, nace en Zavrazhie, unha vila moi preto de [[Yurievets]], ás beiras do [[río Volga]]. Esta cidade sitúase a uns 300 km ao nordeste de [[Moscova]]. O pai de Andrei foi o prominente poeta de orixe [[ucraína]] [[Arsenii Tarkovskii|Arsenii Aleksandrovich Tarkovskii]], súa nai era Maria Ivanovna Vishnakova. Os pais coñecéronse en [[Moscova]], casaron e tiveron dous fillos, o maior foi Andrei e despois veu Marina, nacida dous anos despois do primoxénito. No ano [[1935]] a familia estableceuse en Moscova onde Arsenii traballaba escribindo e como tradutor e a nai era editora da casa mais importante da cidade. Pero no [[1937]] o pai deixou a familia para vivir con outra muller, cando Andrei tiña só catro anos, aínda que seguiu aportando diñeiro á súa primeira familia.
 
Tarkovskii medrou nun ambiente matriarcal, sendo criado pola súa avoa, a nai e a irmá. Durante a invasión [[nazismo|nazi]] de [[Rusia]] a familia volveu a [[Yurievets]], e durante dous anos estiveron alí recluídos, o que atrasou os seus estudos. No 1951 terminou o colexio e entrou no ''Instituto de Estudos Orientais'', e tamén continuou coa música que estudaría durante sete anos. Traballou asemade como [[Xeoloxía|xeólogo]] en [[Siberia]]. Finalmente debido a numerosas razóns desistiu de todas esas vías, sempre tivera unha grande inclinación pola [[arte]] e a [[literatura]] alimentada pola súa familia, e decidiu ingresar na [[Escola de Cine VGIK]] (Instituto de Cinematografía de todos os estados da [[Unión Soviética]]) no que ensinou [[Sergei Eisenstein|Eisenstein]]. Alí estudou durante 5 anos e coñeceu a moitos dos actores cos que colaborou ao longo da súa carreira, así como ao director de cine e profesor seu [[Mikhail Romm]], este sería un grande apoio e influencia para Tarkovskii durante moitos anos.
 
Andrei abandonou á súa primeira muller Irma, e o fillo Arsenii, para casar con Larisa en 1970 coa que tería o seu segundo fillo Andriuskha.
Liña 19:
Por suposto toda a tensión acumulada, unida a imposibilidade de realizar a súa arte libremente e de ver como os seus filmes eran menosprezados, fixeron estalar ao cineasta. Andrei marchaba a [[Italia]] no [[1982]]. Finalmente tiña a liberdade que desexaba. Alí realizou un [[documental (filme)|documental]] para a [[RAI]] chamado ''Tempo de viaxe'' e, no [[1983]], o seu único filme rodado en italiano, ''Nostalxia'' (Nostalghia). Tarkovskii anuncia, tras a súa estancia en [[Italia]], que nunca regresará a Rusia.
 
A súa última longametraxe, ''Sacrificio'', foi realizada en [[Suecia]], e nela interviñeron moitos técnicos axudantes de [[IgmarIngmar Bergman]], cineasta moi admirado por Tarkovskii. É o caso do director de fotografía do filme, [[Sven Nykvist]]. Este filme leva a sombra da enfermidade de Tarkovskii que o levaría á tumba, un cancro de pulmón, quizais por esas circunstancias, Sacrificio (1986) é considerado pola crítica como un dos filmes mais completos do autor. O último proceso de montaxe da película foi realizado practicamente desde a cama, e finalmente, despois de intensa loita, morreu Andrei Tarkovskii en [[París]], o 29 de decembro de 1986.
 
== Sobre a súa Obraobra ==
Tarkovskii era un apaixonado [[Teoría|teórico]], con ideas moi sólidas, formadas a través da súa experiencia nas diversas películas que realizou, así como a súa dura experiencia vital. Moitas destas ideas están recollidas en artigos diversos, entrevistas e, como non, no libro que escribiu, aínda non traducido ao galego, pero dispoñible en castelán e outros idiomas: ''Esculpindo no tempo''. Consideraba que a función da arte é ofrecer unha visión espiritual. E sempre xoga con termos como a [[memoria]] e o [[tempo]]. Visualmente sempre foi considerado un director excepcional. A súa [[fotografía]] é moi coidada, así como os encadramentos dos [[plano (visual)|planos]], a [[luz]], os [[ton (cor)|tons]] e as súa famosas [[coreografía]]s en planos longuísimos.
 
O director ruso xamais aceptou falar dun [[Símbolo|simbolismo]] na súa obra, ou en calquera outra obra dun director. Non falaba dunha simboloxía cerrada, ou de símbolos preestablecidos pola cultura. O que el pretendía era abrir o seu mundo interno nun sentido mais [[Carl Gustav Jung|junguiano]]. Os símbolos, que nos seus filmes aparecen, chaman moito a atención do espectador e dos teóricos, e son elementos que se repiten ao longo da súa [[filmografía]]. Pero todos estes elementos proveñen do [[subconsciente]] do artista, que xeralmente é manifestado a través de símbolos. Tódalas imaxes que aparecen nas películas están abertas a interpretacións máis alá do que élel podía prever.
 
Interesante é enumerar certo tipo de símbolos constantes na súa obra: