Antichrist: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=apaixonado
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 27:
'''''Antichrist''''' é un filme danés de [[Cine de terror|terror]] [[Cine experimental|experimental]] escrito e dirixido por [[Lars von Trier]], protagonizado por [[Willem Dafoe]] e [[Charlotte Gainsbourg]].<ref>{{Cita web|url = http://www.criterion.com/current/posts/1650-all-those-things-that-are-to-die-antichrist|autor = Christie, Ian|título = All Those Things That Are to Die: Antichrist|dataacceso = 17 de marzo de 2013}}</ref><ref>{{Cita web|url = http://www.allmovie.com/movie/antichrist-v375451|autor = Southern, Nathan|título = Antichrist (2009)|dataacceso = 8 de decembro de 2012}}</ref><ref>{{Cita web|url = http://www.guardian.co.uk/film/2009/jul/17/charlotte-gainsbourg-antichrist-lars-von-trier|autor = Shoard, Catherine|título = 'I like the idea of never being too stable'|dataacceso = 8 de decembro de 2012}}</ref> Conta a historia dunha parella que, despois da morte do seu fillo, retírase a unha cabana no bosque onde o home experimenta estrañas visións e a muller manifesta un comportamento sexual cada vez máis violento e sadomasoquista. O argumento está dividido en prólogo, catro capítulos e un epílogo. O filme foi, sobre todo, unha produción danesa mais coproducido por compañías de seis países europeos diferentes. A rodaxe do filme tivo lugar en [[Alemaña]] e [[Suecia]].
 
Despois da estrea no [[Festival de Cannes 2009]], onde Gainsbourg gañou o premio do festival da Mellor Actriz, o filme inmediatamente causou controversia, con crítica xeralmente gabando a execución artística do filme mais dividida fortemente e canto ao seu mérito substantivo. Outro premio gañado polo filme inclúe o Robert Award polo mellor filme danés. O filme está dedicado ao cineasta soviético [[Andrei Tarkovski]] (1932–19861932-1986).
 
''Antichrist'' é o primeiro filme da non oficial "''Depression Trilogy"'' (en galego ''Triloxía da Depresión''), seguida por ''[[Melancholia]]'' e ''[[Nymphomaniac]]''.
 
== Argumento ==
 
=== ''Prologue'' ===
Unha parella fai o amor apaixonado, mentres o seu fillo Nick sae do seu berce, sobe até unha mesa e cae por unha xanela aberta. O rapaz morre no chan cuberto de neve, neste mesmo momento, a muller atópase no clímax sexual.
 
=== ''Chapter One: Grief'' ===
A nai esváese no funeral do seu fillo, e fica o seguinte mes no hospital por unha dor atípica. O pai, un terapeuta, é escéptico da atención psicolóxica que está a recibir a súa dona e decide tratala persoalmente con psicoterapia. Mais non é un éxito, xa que ela revela que o seu segundo maior temor é a natureza, polo que el decide tentar a terapia de exposición. Recóllense nunha cabana illada nun bosque chamado Edén, onde ela pasara tempo con Nick o verán anterior ao escribir unha tese sobre o femicidio. Mentres a personaxe feminina durme, a personaxe masculina afástase da cabana e atopa un veado parindo a unha cría morta.
 
=== ''Chapter Two: Pain (Chaos Reigns)'' ===
Durante as sesión da psicoterapia, ela convértese cada vez máis maníaca e aflixida, adoito esixindo sexo forzado para escapar da dor. Mentres tanto, a contorna da cabana faise cada vez máis sinistra: choven landras a retortoiro coma balas sobre o faio, el esperta para atopar a súa man dereita cuberta de carrachos inchados, e ao final deste capítulo, atópase cun raposo desmembrado que pronuncia as palabras "reina o caos".
 
=== ''Chapter Three: Despair (Gynocide)'' ===
No escuro ático, o home atopa a tese da muller: imaxes arrepíantes da caza de bruxas, e un bloc de notas onde a súa letra comeza a ser cada vez máis frenética e ilexíbel. Ela revela que mentres escribía a súa tese, comezou a crer que todas as mulleres son inherentemente más. O home rexeita a teoría e critícaa a ela pola compra desas crenzas femicidas que ela había decidido inicialmente criticar. Nun momento frenético, manteñen relacións sexuais violentas na base morta dunha árbore ominosa, onde os corpos entretécense dentro das raíces expostas.
 
Liña 49:
El esperta e arrástrase cara un tobo no que se agocha. Mentres ela o busca desesperadamente, el atopa un corvo enterrado vivo no tobo. O corvo comeza a grallar polo que a muller o atopa e tenta sacalo enterrándoo, mais non o consigue.
 
=== ''Chapter Four: The Three Beggars'' ===
Cae a noite e, chorando, ela descúlpase e axúdalle arrastrándoo de novo á cabana. Unha vez alí, el pregúntalle se o quería matar, e ela responde "aínda non", e engade cripticamente que "cando os tres mendigos cheguen, alguén debe morrer".
 
Liña 56:
Durante a noite a parella é visitada polo corvo, o veado e o raposo das escenas anteriores, mentres a saraiba golpea contra o teito da cabana. A saraiba comeza no instante no que a personaxe feminino brada; denantes foi revelado que as mulleres en Ratisbona foran acusadas de bruxaría e de ser capaces de producir saraibas. Ao corvo escóitaselle grallar so o chan da cabana. Rachando as madeiras, a personaxe masculina libera o paxaro e casualmente descobre a chave oculta. A personaxe feminina acoitélao nas costas coas tallantas. A personaxe feminina detén a loita, despois de decatarse dun cambio de mirada no seus ollos. El esgánaa. Logo quéimaa nunha pira funeraria fóra da cabana.
 
=== ''Epilogue'' ===
Tras seguir o camiño que se afasta da cabana, detense para comer amoras mentres os "tres mendigos" o observan. Ao chegar ao cumio dun outeiro, mira cara abaixo para ver centos de mulleres subindo cara a el, coas súas facianas borrosas.