Diferenzas entre revisións de «Fútbol americano»

== Breve historia ==
[[Ficheiro:Unknown Early American Football Team.jpg|miniatura|230px|Equipo de fútbol americano a principios do Século XX.]]
A historia do fútbol americano pode ser rastrexada até as versións máis primitivas do [[rugby]] e do [[fútbol]], xa que ambos os deportes teñen a súa orixe nalgunhas variedades de fútbol xogadas no [[Reino Unido]] a mediados do [[século XIX]], nas cales unaunha [[pelota]] é pateada cara a unha portaría. Do mesmo xeito que no fútbol, o fútbol americano ten 22 xogadores no campo de xogo. Mesmo, algunhas referencias de posicións do fútbol son usadas no fútbol americano, como os termos "halfback" e "fullback".
 
[[Ficheiro:Walter Camp - Project Gutenberg eText 18048.jpg|miniatura|esquerda|Walter Camp.]]O fútbol americano é o resultado de diverxencias do [[rugby]], principalmente polos cambios nas regras instituídos por [[Walter Camp]], quen é considerado o "pai do fútbol americano". Entre os cambios máis importantes están a introdución da liña de scrimmage e os downs. A finais do século XIX e principios do [[século XX]], o método de xogo desenvolvido por adestradores universitarios como [[Eddie Cochems]], [[Amos Alonzo Stagg]], [[Knute Rockne]] e [[Glenn Scobey Warner|Glenn "Pop" Warner]] axudaron a tomar vantaxe do recentemente introducido pase adiantado (anteriormente só pasábase cara atrás como en rugby). A popularidade do [[Fútbol americano universitario|fútbol universitario]] creceu até converterse na versión dominante deste deporte na primeira metade do século XX. Os Bowl, unha tradición do fútbol practicado nos colexios universitarios, atraeron unha audiencia nacional nos Estados Unidos para os equipos colexiais. Reforzado por feroces rivalidades, o fútbol colexial aínda mantén un atractivo xeral moi notable dentro de Estados Unidos.
263.840

edicións