1129: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *rota e outros
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 12:
 
=== Oriente Próximo ===
* O [[atabek]] de [[Damasco]], [[Bouri]], fai executar o [[visir]] [[al-Mazdaghani]], protector dos ''[[Seita dos Asasinos|asasinos]]'' (batinís). Os partidarios da seita son masacrados polo pobo. Os seus xefes son crucificados sobre as [[amea]]s das murallas. Segundo o cronista [[Ali Ibn al-Athîr]], al-Mazdaghani e os asasinos pretendíanlle entregar a vila aos [[francos]] a cambio de [[Tiro]] e foi ao ter noticia do complot que Bouri decidiu actuar. Os poucos batinís supervivintes instálanse en [[Palestina]] baixo a protección de [[Balduíno II de Xerusalén]] logo de entregarlle a fortaleza de [[Banias]], na ruta entre [[Xerusalén]] e Damasco.
:Varias semanas máis tarde, un exército de 10 000 cabaleiros e [[fantasín]]s francos chegados da Palestina, [[Antioquía]], [[Edesa]] e o [[condado de Trípoli]] preséntanse fronte a Damasco. Bouri recorre ás presas ás bandas de nómades [[turco]]s e a algunhas tribos árabes para rexeitar o ataque. Varios miles de francos, que se dedicaran á pillaxe na chaira da [[Ghouta]], son sorprendidos polo ataque. Balduíno abandona o continxente e reagrupa as súas tropas para unha nova tentativa. Unha tempestade abátese sobre a rexión e transfórmaa nun inmenso lago de lama (comezos de setembro). Non podendo avanzar, Balduíno ordena a retirada.
* [[Zanki]], amo de [[Alepo]], invita a Bouri de Damasco a participar nunha expedición contra os francos. [[Sawinj]], fillo de Bouri chega a Alepo con 500 cabaleiros. Zanki tómaos como reféns e ameaza con matalos se Bouri o traizoa. Sawinj non é liberado dous anos máis tarde.