Fringe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
m actualizo a emisión da tvG2
m enlace ao artigo sobre singularidade tecnolóxica
Liña 47:
{{Artigo principal|Lista de episodios de Fringe|Mitoloxía de Fringe}}
 
''Fringe'' segue as investigacións da División Fringe, un equipo pertencente ao [[Federal Bureau of Investigation]], conformado pola axente Olivia Dunham; o doutor Walter Bishop, un arquetípico científico tolo; e Peter Bishop, o fillo de Walter e experto en numerosas materias. Ademais, Phillip Broyles é o director da división e a axente Astrid Farnsworth encárgase de axudar a Walter nas súas tarefas no laboratorio. A División Fringe investiga casos relacionados con ciencia límite ou marxinal, que van desde experimentos [[Transhumanismo|transhumanistas]] fallidos, pasando pola perspectiva dunha [[singularidade tecnolóxica]] destrutiva, ata unha posible colisión de dous [[Universo paralelo|universos paralelos]]. A miúdo, a División Fringe topa con [[biotecnoloxía]] avanzada desenvolvida por unha compañía chamada Massive Dynamic, fundada polo antigo compañeiro de Walter, o doutor William Bell, e dirixida pola súa amiga común, Nina Sharp. Asemade, o equipo está vixiado por un grupo de homes calvos e pálidos denominados "Observadores".
 
A [[Fringe (temporada 1)|primeira temporada]] presenta a División Fringe e introduce as primeiras investigacións ao redor dunha serie de casos que conforman algo que denominan "o Patrón", na súa maior parte orquestrados por unha rede internacional de científicos sen escrúpulos coñecida como ZFT (''Zerstörung durch Fortschritte der Technologie''; en galego, ''Destrución mediante o avance da tecnoloxía'') e dirixida por David Robert Jones. Esta organización prepara unha catástrofe mundial que pretende causar a fin do mundo. A ameaza da ZFT semella rematar cando Peter mata a Jones cando intenta cruzar a un universo paralelo.<ref name="season 1 finale">{{Cita episodio |título=There's More Than One of Everything |serie=Fringe |créditos=[[Brad Anderson]] (director), [[Jeff Pinkner]] (guión), [[J. H. Wyman]] (guión), [[Akiva Goldsman]] (historia), [[Bryan Burk]] (historia) |cadea=[[Fox Broadcasting Company|Fox]] |data=12-05-2009 |temporada=1 |número=20}}</ref> Olivia descobre que, de nena, foi unha suxeita de probas de Walter nos seus experimentos cunha droga nootrópica, o Cortexiphan, que lle proporcionou débiles habilidades psiónicas.<ref>{{Cita episodio |título=Ability |serie=Fringe |créditos=Norberto Barba (director), David H. Goodman (guión), Glen Whitman (historia), Robert Chiappetta (historia) |cadea=[[Fox Broadcasting Company|Fox]] |data=10-02-2009 |temporada=1 |número=14}}</ref> Walter tamén debe facer fronte á volta á vida normal ao coidado do seu fillo Peter despois de pasar dezasete anos internado nunha institución mental, ademais de agochar o feito de que Peter pertence ao universo paralelo, mentres que o seu fillo morrera de neno.<ref name="season 1 finale"/>