Brooklyn Nets: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 84:
=== Campións de conferencia ===
[[Ficheiro:KiddFTline2.jpg|thumb|[[Jason Kidd]] (2001–2008).]]
Na noite do Draft de 2001, os Nets traspasaron os dereitos sobre a súa selección de primeira rolda ([[Eddie Griffin]]) aos [[Houston Rockets]] a troco de [[Richard Jefferson]], [[Jason Collins]] e [[Brandon Armstrong]]. Ademais, na segunda rolda seleccionaron a [[Brian Scalabrine]]. Un día despois do Draft, o [[28 de xuño]], Thorn decidiu traspasar ao [[All-Star da NBA|All-Star]] [[Stephon Marbury]] aos [[Phoenix Suns]] a cambio doutro [[base (baloncesto)|base]] All-Star, [[Jason Kidd]]. Este movemento deu á franquía algo do que careceu durante practicamente toda a súa historia, un líder na pista que facía mellores aos seus compañeiros. A temporada {{nbay|2001}} resultou ser a mellor tempada na historia da NBA do equipo, e no proceso, os Nets convertéronse nun dos equipos máis emocionantes de ver. O equipo gañou o seu primeiro título da [[División Atlántico da NBA|División Atlántico]] cun récord de 52-30, sendo ademais o cabeza de serie da [[Conferencia Leste da NBA|Conferencia Leste]] nos Playoffs. Na primeira rolda agardaban os [[Indiana Pacers]]. Despois de perder o primeiro partido na casa, os Nets gañaron os dous seguintes encontros antes de perder o cuarto. No partido definitivo, o equipo de Nova Jersey gañaba por nove puntos a falta de cinco minutos, porén, unha canastra tripla de [[Reggie Miller]] desdedende unha ditanciadistancia de máis de 10 metros enviaba o pártido á prórroga. Na prolongación, os Nets conseguen gañar e pasar de rolda.
 
En semifinais de Conferencia gañan con menos problemas (4-1) aos [[Charlotte Hornets]], clasificándose para xogar a final de conferencia por primeira vez na súa historia, sendo o rival os [[Boston Celtics]]. Esta serie é lembrada por dibo a que [[Jason Kidd]] tivo que xogar co ollo esquerdo por un golpe recibido durante un dos partidos. Despois de gañar o primeiro enfrontamento, os Nets perderon o segundo partido en casa. No terceiro partido, os de Nova Jersey gañaban de 21 no último cuarto, mais os Celtics conseguiron remontar (94-90) poñéndose por diante na serie. No cuarto partido, co encontro empatado a falta de un minuto para o final, os Nets conseguen levarse a vitoria grazas a uns tiros libres anotados por Harris a falta 6,6 segundos. Os Nets conseguirán gañar os dous seguintes partidos, o que supuxo o seu primeiro campionato de Conferencia da NBA. Con todo, nas Finais foron varridos polos [[Los Angeles Lakers|Lakers]] de [[Shaquille O'Neal]] e [[Kobe Bryant]].