Brooklyn Nets: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
doutra
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 80:
O comezo da temporada {{nbay|1998}} atrasouse por tres meses debido ao peche patronal da liga. Cando comezou a temporada, os Nets eran unha dos favoritos polos expertos como equipo revelación debido ao rendemento da temporada anterior. Con todo, Cassell lesionouse no primeiro partido da tempada e o equipo empezou mal. Cunha xeira de 3-15, os Nets enviaron Cassell a [[Chris Gatling]] aos Bucks, mentres que en troco chegou [[Stephon Marbury]] dos [[Minnesota Timberwolves]].<ref>{{cita web|url=http://www.nytimes.com/1999/03/12/sports/marbury-a-schoolyard-hero-returns-to-don-a-nets-jersey.html|título=Marbury, a Schoolyard Hero, Returns to Don a Nets Jersey|obra=The New York Times|autor=Broussard, Chris|data=12 de marzo de 1999|dataacceso=30 de outubro de 2015|lingua=inglés}}</ref> Despois de dúas derrotas máis, Calipari foi destituído e substituído polo adestrador asistente Don Casey. O equipo nunca se recuperou do seu mal comezo para terminar en 16-34. A pesar do resultado, o equipo retivo a Casey como adestrador para a temporada {{nbay|1999|trunc=y}}, mais os Nets comezaron a temporada co que entón supuxo o peor inicio da historia da franquía: 2-15. Melloraríanse despois diso, mais as lesións infestaron de novo o equipo e os Nets terminaron cunha marca de 31-51.
 
O [[2 de xuño]] de 2000, os Nets contrataron como o presidente do equipo a Rod Thorn, un experimentado executivo da NBA coñecido por ser o que levou a [[Michael Jordan]] aos [[Chicago Bulls|Bulls]] cando era director xeral dos de [[Chicago]]. Inmediatamente, comezou a ensamblar os compoñentes para formar o equipo máis talentoso da historia da franquía desde a consecución do título da [[American Basketball Association|ABA]] nos anos 1970. O primeiro paso foi a elección da ex-estrela da NBA [[Byron Scott]] como adestrador. Posteriormente os Nets elixirían a [[Kenyon Martin]] coa primeira elección dun frouxo Draft de 2000. Durante a temporada, Marbury e Van Horn deron un paso aá frentefronte para se converter en estrelas, mais a pesar dos seus esforzos individuais, as constantes lesións obstaculizaron a química do equipo e os Nets non puideron chegar aos playoffs.
 
=== Campións de conferencia ===