Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Fontes fiables»

→‎Fontes académicas: estudo, estudio é o lugar onde se estuda
(→‎Algúns tipos de fontes: arranxiño na tradución)
(→‎Fontes académicas: estudo, estudio é o lugar onde se estuda)
* As disertacións completas ou teses escritas dispoñibles publicamente poden empregarse pero con precaución, xa que moitas delas adoitan ser, totalmente ou en parte, fontes primarias. Algunhas destas terán pasado por un proceso de revisión académica de distintos niveles de rigor, pero outras non. De ser posible, o mellor é empregar teses que teñan sido citadas por outras fontes, supervisadas por especialistas recoñecidos no campo en cuestión ou revisadas por terceiras partes. As disertacións que se atopen en progreso non están revisadas e non se consideran publicadas, polo que por norma non constitúen fontes fiables. Algunhas teses publícanse posteriormente en forma de monográficos académicos ou artigos revisados, e de estaren dispoñibles son preferibles ás propias teses orixinais coma fontes.
* Pode confirmarse a validez dentro do discurso académico dunha fonte revisando as citacións académicas que teña recibido, mediante os [[Índice de citacións|índices de citación]]. Coma corolario disto, as publicacións non incluídas en índices de citacións, especialmente en campos ben cubertos por ditos índices, deben empregarse con precaución, sempre dependendo do contexto particular.
* Os estudiosestudos illados considéranse xeralmente tentativos e poden variar tras posterior investigación académica. Se o estudioestudo illado é unha fonte primaria, non debería empregarse se existen fontes secundarias que traten o mesmo contido. A fiabilidade dun estudioestudo individual depende do propio campo de estudioestudo. Os estudiosestudos en campos complexos, coma por exemplo a [[medicina]], adoitan ser menos definitivos e deberían evitarse na medida do posible. As fontes secundarias, coma meta-análises, libros publicados e artigos revisados academicamente, son sempre opcións preferentes ás investigacións primarias.
* Cómpre ter precaución con publicacións de intención promocional para certos puntos de vista. Unha declaración de ter recibido revisión académica non sempre é indicación de que a publicación sexa respectada. As publicacións non revisadas polo conxunto da comunidade académica non se consideran fontes fiables, agás para amosar os puntos de vista dos grupos representados por ditas publicacións.
* Algunhas publicacións poden semellar fiables, mais non seren de calidade nin realizaren revisións de contido. Existen publicacións que inclúen calquera material recibido sempre que o autor estea disposto a pagar unha tarifa, ou publicacións de dubidosa reputación que imitan os nomes doutras xa establecidas e fiables.<ref>{{Cita web|url=http://scholarlyoa.com/2012/11/30/criteria-for-determining-predatory-open-access-publishers-2nd-edition/|título=Criteria for Determining Predatory Open-Access Publishers|edición=2ª|páxina-web=Scholarly Open Access|lingua=en}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica|título=Who's afraid of peer review?|revista=Science|data=4 de outubro de 2013|volume=342|número=6154|páxinas=60&ndash;65|doi=10.1126/science.342.6154.60|lingua=en}}</ref> A calidade dunha publicación pode comprobarse revisando as acreditacións da súa xunta editorial e confirmando a súa inclusión nos índices de citacións relevantes.
97.993

edicións