Enerxía escura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxos, removed: {{Astronomía en progreso}} using AWB
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
*candea (cando é unha unidade de medida): candela
Liña 5:
Hoxe en día propóñense dúas hipóteses explicativas posíbeis para a enerxía escura: a [[constante cosmolóxica]] (unha densidade enerxética que preenchería o espazo de forma homoxénea) e a "[[quintesencia]]" (un campo dinámico cuxa densidade enerxética podería variar no [[tempo]] e no espazo). Optar por unha destas dúas alternativas presuporá medidas rigorosas da [[expansión do universo]] para comprender de que forma varía co tempo a velocidade da expansión. A taxa de expansión é parametrizada pola ecuación de estado cosmolóxica.
 
´v== Descuberta da enerxía escura ==
 
Aínda que foi Albert Einstein o que postulou no século XX a existencia dunha enerxía á que chamou constante cosmolóxica, e que despois desdeñou coma un dos seus maiores erros, non sería ata o ano 1998 cando dous equipos científicos demostraron a expansión acelerada do universo e polo tanto a existencia da chamada enerxía escura.
Un deles chamado "Proxecto Cosmolóxico Supernova"(Supernova Cosmology Project) dirixido por Saul Perlmutter no Laboratorio Nacional Lawrence Berkeley (Estados Unidos); e o outro chamado "Equipo de Busca de Supernovas de Alto Z" (High-z Supernova Search Team) dirixido por Brian Schmidt da Australian National University en Weston Creek (Australia), e no que tamén traballa Adam G. Riess da Jhons Hopkins University e do Space Telescope Science Institute de Baltimore (Estados Unidos). Ambos os equipos estudando as explosións de supernovas de tipo IA -como candeascandelas estándar- descubriron de xeito independente a expansión acelerada do universo, isto é a separación entre os obxectos do universo aumenta de xeito exponencial en todas as direccións. Dende entón, a aceleración tense confirmado por outras fontes: medidas do fondo cósmico de microondas, lentes gravitacionais, nucleosínteses primixenias de elementos lixeiros, estrutura a grande escala do universo, medidas melloradas de supernovas IA, todas elas teñen sido consistentes co modelo Lambda-CDM. Saul Perlmutter, Brian P. Schmidt, e Adam G. Riess foron galardoados co Premio Nobel de Física no ano 2011 polo descubrimento da expansión acelerada do universo.
 
== Véxase tamén ==