{{Enuso}}O Arco de Constantino (en italiano: ''Arco di Costantino'') é un arco de triunfo que se atopa a entre o [[Coliseo de Roma|Coliseo]] e a cuíña do Palatino, en [[Roma Antiga|Roma]]. É un dos 3 arcos que permanece na [[Vía do Foro Imperial]], xunto co [[Arco de Tito]] ([[81]]) e o [[Arco de Septimio Severo]] ([[202]]-[[203]]).
Liña 5 ⟶ 6:
== Historia ==
O arco cruza a Vía Triumphalis, a rota que tomaban os emperadores ao entraren na cidade celebrando un desfile. Este itinerario comezaba no [[Campo de Marte (Roma)|Campo de Marte]], pasa polo [[Circo Máximo]] e arredores do Palatino; inmediatamente despois do Arco de Constantino, a procesión viraría cara á esquerda na [[Meta Sudans]] e marcharía pola [[Vía Sacra]] até o [[Foro Romano|Foro romano]] e a cuíña [[Colina Capitolina|Capitolina]], pasando tanto polo [[Arco de Tito]] como polo de Septimio Severo.
Durante a [[Idade Media]], o Arco de Constantino foi incorporado a unha das fortalezas familiares da antiga Roma.
En [[1530]] [[Lorenzino de' Medici|Lorenzino de Medici]] foi expulsado de Roma por haber cortado por diversión cabezas dos relevos do arco, que foron reintegradas parcialmente no [[século XVIII]].
Restaurouse por vez primeira no [[século XVII]] e as derradeiras escavacións realizáronse en [[1990]]. En [[1960]] durante a XVII Olimpíada de Roma, foi testemuña do espectacular triunfo do etíope [[Abebe Bikila]] na mítica maratón que correra descalzo.