Johann Sebastian Bach: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 22:
}}
 
'''Johann Sebastian Bach''' (en [[lingua alemá|alemán]] /joˈhan/ ou /ˈjoːhan zeˈbastjan ˈbax/), nado en [[Eisenach]] (actualmente en [[Turinxia]], [[Alemaña]]; daquela pertencente ao [[Sacro Imperio Romano Xermánico]]) o [[31 de marzo]] de [[1685]] e finado en [[Leipzig]] o [[28 de xullo]] de [[1750]], foi un músico e [[compositor]] do período [[barroco]] da [[música erudita]] (mal chamada "música clásica"). Considérase un dos compositores máis grandes e influentes da historia da música. Moitas das súas obras reflicten unha gran profundidade intelectual, expresión emocional e, sobre todo, altísimo dominio técnico. Bach considerábase a si mesmo un artesán consciente de que realizaba unha tarefa o mellor que a súa capacidade lle permitía, para a satisfacción dos seus superiores, para pracer e edificación dos seus semellantes, e para a gloria de Deus.<ref name="grout">{{Cita Harvard|Palisca|2001|sp=si|p=535}}</ref>
 
A súa vida foi similar á de moitos funcionarios musicais do seu tempo na Alemaña luterana, escasa en grandes acontecementos. Ocupou os postos de organista en [[Arnstadt]] entre [[1703]] e [[1707]], e [[Mühlhausen]] ([[1707]]-[[1708]]), organista da corte e posteriormente [[mestre de capela]] do duque de [[Weimar]], e entre [[1717]] e [[1723]] foi director musical na corte do príncipe Leopold en [[Köthen]].<ref name="grout"/> En [[1720]] faleceu a súa esposa, e un ano máis tarde volveu casar, esta vez coa cantante Anna Magdalena Wilcke. A partir de 1723 e ata a súa morte, Bach foi mestre de capela e kantor na igrexa de San Tomé en [[Leipzig]] e director musical da cidade.<ref name="grout"/> Chegou a ser invitado á corte de [[Federico II o Grande]] en [[Palacio de Sanssouci|Sanssouci]]. Aínda que en vida gozou de certa fama na Alemaña protestante como virtuoso organista e compositor de eruditas obras contrapuntísticas, había canto menos media ducia de compositores máis coñecidos ca el en Europa.<ref name="grout"/> Bach tivo numerosos alumnos e estudantes ó longo da súa vida. Entre eles cóntase a [[Johann Friedrich Agricola]]. Finou en [[1750]], despois dunha intervención fracasada no ollo, facendo que Bach fose quedando cego ata perder totalmente a vista.<ref name="Geiringer103"/>