Manuel Colmeiro Penido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
Estudou na [[Universidade de Santiago de Compostela]] Filosofía (1829-32) e Dereito (1838), doutorándose en 1841. Logo de exercer como profesor de [[Economía Política]] nesa mesma Universidade (1840-42) obtivo en 1847 as cátedras de Economía Política en Compostela e Dereito Administrativo en Madrid.
 
Adscrito ao [[Partido Fusionista]] foi elixido [[deputado]] en 1865 e senador en 1871 e 1879. Foi Presidente da Xunta Xeral de Estatística e do Instituto Xeográfico (agosto de 1876), e en 1881 foi nomeado fiscal do [[Tribunal Supremo]], o seu escano senatorial pasou a ser vitalicio e foi designado membro da comisión encargada da reforma do [[Código de Comercio]]. Catro añosanos máis tarde integrou a comisión do [[Senado]] que someteu a revisión o proxecto de [[Código Civil]].
 
Foi membro da [[Real Academia de la Historia]] (desde o 26 de Abril de [[1857]]) e da [[Real Academia de Ciencias Morales y Políticas]], da que foi o seu primeiro bibliotecario (1859-1894).