Arco de Constantino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m poño categoría
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
O arco foi ergueito polo [[Senado romano|Senado]] para conmemorar a vitoria de [[Constantino I o Grande]] contra [[Maxencio]] na [[Batalla da Ponte Milvio|batalla de Ponte Milvio]], o 28 de outubro de [[312]], e para conmemorar, tamén, a outros [[Emperadores romanos|emperadores]] anteriores. Foi inaugurado o 25 xullo de [[315]] sendo, polo tanto, o máis moderno dos arcos triunfais alzados na Roma Antiga, diferenciándose tamén por estar construído a partir dos materiais de edificios anteriores.
 
== Historia ==
O arco cruza la Via Triumphalis, a rota que tomaban os emperadores ao entraren na cidade celebrando un desfile. Este itinerario comezaba no [[Campo de Marte (Roma)|Campo de Marte]], pasa polo [[Circo Máximo]] e arredores do [[Palatino]]; inmediatamente despois do Arco de Constantino, a procesión viraría cara á esquerda na [[Meta Sudans]] e marcharía pola [[Vía Sacra]] até o [[Foro Romano|Foro romano]] e a colina [[Colina Capitolina|Capitolina]], pasando tanto polo [[Arco de Tito]] como polo de Septimio Severo.
 
Durante a [[Idade Media]], o Arco de Constantino foi incorporado a unha das fortalezas familiares da antiga Roma.
 
En [[1530]] [[Lorenzino de' Medici|Lorenzino de Medici]] foi expulsado de Roma por haber cortado por diversión cabezas dos relevos do arco, que foron reintegradas parcialmente no [[século XVIII]].
 
Restaurouse por vez primeira no [[século XVII]] e as derradeiras escavacións realizáronse en [[1990]]. En [[1960]] durante a XVII Olimpíada de Roma, foi testemuña do espectacular triunfo do etíope [[Abebe Bikila]] na mítica maratón que correra descalzo. 
[[Categoría:Monumentos]]