Anatolia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
No DRAG, nun dos exemplos da entrada "otomán" aparece "Gallípoli".
Liña 31:
=== Turcos ===
 
Os turcos [[selxúcida]]s xa tiñan o dominio da Anatolia no [[século X]], e o mantiveron mesmo despois das invasións [[Mongolia|mongólicas]] nos países ao seu redor e ao asedio de [[Tamerlán]] no [[século XIV]]. Nese período, unha tribo turca, os [[otománs]], conquistaron certa independencia na rexión noroeste da Anatolia, rapidamente tomando as últimas cidades gregas restantes do Imperio Bizantino. O poderio otomán expandiríase tamén polo leste, conquistando a alianza das outras tribos selxúcidas e unificando os turcos baixo o [[Imperio Otomán]]. Este imperio coexistiría por algún tempo cun poder menor no nordeste da Anatolia, o [[Imperio de Trebisonda]]. A partir da Anatolia, os turcos chegaron á península de [[GalípoliGallípoli]], e de aló iniciaron a conquista do que restara do Imperio Bizantino, e posteriormente dun vasto territorio no leste da Europa.
 
A presenza turca [[islamismo|musulmá]] en Anatolia e o control de Constantinopla desencoraxou o comercio das nacións cristás de Europa con [[China]] e [[India]]. Isto incentivou a tentativa de estabelecimento de rotas alternativas ao redor da [[África]], e ata mesmo rutas descoñecidas cara o oeste, polo [[Océano Atlántico]], para alcanzar aquelas nacións, fontes de [[especia]]s, experiencias que culminarian co descubrimento de [[América]] en [[1492]].