Historia de Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
Chabi (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Inglaterra]] é o territorio máis extenso e poboado do Reino Unido. Habitada por pobos celtas desde o século V a.C., foi colonizada polos romanos entre o [[43|43 d.C.]] e principios do [[século V]]. A partir de entón foi invadida por unha serie de pobos xermánicos ([[anglos]], [[saxóns]] e [[xutos]]) que expulsaron aos [[celtas]], parcialmente romanizados, cara a [[Gales]], [[Escocia]], [[Cornualles]] e a [[Bretaña francesa]]. No [[século X]], tras resistir unha serie de ataques [[viquingos]], Inglaterra unificouse politicamente. Tras a ascensión de [[Xacobo VI de Escocia]] ao trono de Inglaterra en [[1603]] e a anexión de Escocia por Inglaterra en [[1707]] resulta menos apropiado diferenciar a historia de Inglaterra da do resto do Reino Unido.
 
== Gran Bretaña prerromana ou prehistórica ==
Os primeiros habitantes de [[Inglaterra]] foron pequenas tribos de cazadores. Durante a [[Idade de Pedra]] chegaron vagas de novos pobos á illa (contra o ano [[-4000|4000 a. C.]]). Estes desenvolveron unha cultura agrícola no sur e construíron os enormes monumentos de [[Stonehenge]] e [[Avebury]]. A partir do ano 800 a. C., durante a [[Idade de Bronce]], os [[celta]]s invadiron Inglaterra. Grazas ao seu superior armamento someteron aos habitantes indíxenas. Por un lado, introduciron o [[gaélico]] e o [[lingua bretoa|bretón]], que aínda se fala hoxe en rexións das illas británicas. E por outro lado, introduciron mudanzas no arado e no cultivo. Os seus sacerdotes, os druídas, dominaban a sociedade.