Dimmu Borgir: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Curiosidades: Arranxos varios using AWB
m →‎Traxectoria: Filharmónica
Liña 20:
Despois de ''Stormblåst'' a carreira de Dimmu Borgir tomou un novo rumbo. O teclista Stian Aarstad deixou a banda para cumprir o servizo militar no exército noruegués, de maneira que non participou na gravación de ''[[Devil's Path]]'' en 1996. Cando volveu para gravar ''[[Enthrone Darkness Triumphant]]'', en 1997, tiña problemas para atender todas as datas do tour e foi expulsado da banda. Este disco foi un éxito de vendas e foi o primeiro que sacaron baixo o selo da discográfica [[Nuclear Blast]].
 
Os seguintes foron ''Spiritual Black Dimensions'' 1999 e ''Puritanical Euphoric Misanthropia'' 2001. En 2003, Dimmu Borgir apostou co seu maior impulso financeiro para crear o álbum ''Death Cult Armageddon'' e en 2007 crearon "In sorte diaboli". Partes deste disco foron gravados pola Orquestra FilarmónicaFilharmónica de Praga para incluír arranxos musicais de música clásica. Este álbum abre un novo horizonte ao black metal, dotándoo dunha maior heteroxeneidade grazas á súa fusión coa música clásica.
 
Recentemente, Dimmu Borgir lanzou o "remake" do tan aclamado disco ''Stormblåst'' cheo do novo estilo característico da banda: melodías e arranxos complexos, combinados con teclados sobresaíntes e coros.