Parénquima: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Mucilago > mucilaxe.
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 23:
== Parénquima vexetal ==
[[Ficheiro:Plagiomnium affine laminazellen.jpeg|miniatura|dereita|Parénquima clorofílico.]]
O parenquima é un tecido fundamental vexetal moi versátil, que realiza as funcións vexetativas da planta. Forma o córtex e a medula dos talos e raíces, o [[mesófilo]] das [[folla]]s, a polpa dos froitos, a nucela dos primordios seminais e o [[endosperma]] das [[semente]]s. As células do parénquima son células vivas e pouco diferenciadas, que permanecen [[meristema|meristemáticas]] na madurez, o que significa que poden dividirse se reciben os estímulos axeitados ([[hormona vexetal|hormonas vexetais]], por exemplo). As súas [[parede celular|paredes celulares]] [[celulosa|celulósicas]] son finas e flexibles, e xeralmente teñen forma poliédrica cando están formando os tecidos, aínda que adquiren formas máis esféricas se as illamos. Teñen grandes [[vacúolo]]s centrais, que lles permiten almacenar auga, regular os ións e almacenar produtos residuais. As células do parénquima poden ter funcións secretoras (por exemplo, nos [[hidatodo]]s, [[nectario]]s e células que tapizan os condutos resiníferos). Tamén poden intervir na reparación de feridas polo seu potencial meristemático de dividirse, o cal tamén se pon de manifesto na formación de órganos adventicios ou na soldadura dos tecidos nos [[enxerto (agricultura)|enxertos]].
 
A forma das células do parénquima varía coa súa función. No mosófilo esponxoso da folla, as células do parénquima varían desde case esféricas e colocadas moi soltas deixando espazos intercelulares <ref name="Leaves" /> ata células ramificadas ou estreladas, interconectadas coas veciñas polos extremos das prolongacións formando unha rede tridimensional, como no feixón ''[[Phaseolus vulgaris]]''.<ref name="Jeffree etal.">Jeffree CE, Read N, Smith JAC and Dale JE (1987). Water droplets and ice deposits in leaf intercellular spaces: redistribution of water during cryofixation for scanning electron microscopy. Planta 172, 20-37</ref>