Vésperas sicilianas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Xoio (conversa | contribucións)
amplio
Liña 1:
{{Coordenadas|38|07|00|N|13|22|00|E|display=title}}
{{historia en progresouso}}
{{Infobox conflito militar
|nombre_batalla= Guerra das Vésperas Sicilianas
|imaxe= [[Ficheiro:Francesco Hayez 023.jpg|400px260px]]
|descrición_imaxe= ''As Vésperas sicilianas'', de [[Francesco Hayez]] (1846)
|data= [[1282]]-[[1302]]
Liña 15:
}}
 
Por '''Vésperas sicilianas''', termo acuñado xa no [[século XV]],<ref name=EC>[http://web.archive.org/web/http://www.enciclopediacatolica.com/v/visperassicilianas.htm Véase que el .] ''Vísperas sicilianas''] na Enciclopedia Católica {{es}}. Consultado o 4 de novembro de 2016.</ref> coñécese o acontecemento histórico da matanza de franceses en [[Sicilia]] no ano [[1282]], que acabou causando a división do [[Reino de Sicilia]] (que comprendía a illa e todo o sur da [[península Itálica]], até os [[Estados Pontificios]]), e a fin da presenza [[Anjou|anxevina]] na illa, substituída pola influencia da [[Reino de Aragón|Coroa de Aragón]], coa coroación de [[Constanza II de Sicilia]] e os seu esposo [[Pedro III de Aragón]] como reis de Sicilia, e relegando ao anterior rei [[Carlos de Anjou|Carlos I de Anjou]] ao ''Reino da Sicilia continental'' ([[Reino de Nápoles]]).
 
O [[30 de marzo]] de [[1282]], cando as campás das igrexas de [[Palermo]] chamaban ao oficio de vésperas, produciuse un levantamento do pobo da cidade, que masacrou a gornición francesa (anxevina) presente nela. O levantamento estendeuse a outras localidades da illa, como [[Corleone]] e [[Mesina]], até que foron completamente expulsados os franceses. Os sicilianos chamaron na súa axuda o rei Pedro III de Aragón, que podía alegar en favor da súa causa os dereitos da súa muller Constanza, filla do falecido rei [[Manfredo de Sicilia|Manfredo]], da casa de [[Hohenstaufen]], que gobernou o [[Reino de Sicilia]] até a súa derrota e morte a mans de Carlos de Anjou na [[Batalla de Benevento (1266)|batalla de Benevento]], o [[26 de febreiro]] de [[1266]].
 
Os acontecementos relativos ás Vésperas sicilianas encóntranse relatados en varias crónicas medievais, entre as que cabe citar a famosa Crónica de [[Ramón Muntaner]], onde se afirma que a chispa que prendeu a rebelión en Palermo foi a aldraxe que uns anxevinos perpetraron a unhas damas sicilianas.
 
== Antecedentes ==
Desde os primeiros anos do [[século XI]], grupos de aventureiros [[normandos]] chegaran a [[Sicilia]] para servir como [[mercenario]]s. Estes aventureiros derrotaron aos [[árabes]] que ocupaban [[Sicilia]] desde [[827]]. Entre estes normandos encontrábanse os membros da [[casa de Hauteville]] [[Robert Guiscard]] e o seu irmán [[Roger I de Sicilia]], que pasou a [[Nápoles]] e expulsou de alí aos [[Imperio bizantino|bizantinos]] co seu hermano [[Roger I de Sicilia]], que foran pagados polos [[bizantino]]s, que desexaban expulsar aos [[árabes]] da [[península Itálica]].
 
No sínodo de [[Melfi, Italia|Melfi]] de [[agosto]] de [[1059]], o papa [[Nicolao II, papa|Nicolao II]] investiu a Robert Guiscard (tamén coñecido como Roberto Guiscardo ou Roberto de [[Casa de Hauteville|Hauteville]]) como duque de [[Puglia]], [[Calabria]] e [[Sicilia]],<ref name=CUP>Rosamond McKitterick ''et al.'' (2004):[http://books.google.es/books?id=cUl53tLtFukC&pg=PA104&dq=&as_brr=3&client=firefox-a#PPA107,M1 ''The New Cambridge Medieval History IV'']. Cambridge (UK): Cambridge University Press. ISBN 0-52141411-3, páx. 107.</ref> exhortándoo a que completara a conquista dos territorios [[Imperio bizantino|bizantinos]] (que foran os que contrataran aos normandos en primeiro lugar).
 
Contra o ano [[1071]], Roger, o irmán de Robert Guiscard, conquistou a totalidade da illa. En [[1072]], tras a conquista de [[Palermo]], Robert invistiu, como [[feudo|feudatario]] del, ao seu irmán Roger como conde de Sicilia, que foi coñecido como o ''Gran Conde''. Con Roger I iniciouse a dinastía Hauteville en Sicilia.
 
En [[1130]] foi creado, polo [[antipapa]] [[Anacleto II, antipapa|Anacleto II]], e para [[Roger II de Sicilia]] (fillo e sucesor de Roger I, o ''Gran Conde''), o [[Reino de Sicilia]], quen se fai seu feudatario (o que provocaría un problema político anos máis tarde, cando a [[dinastía Hohenstaufen]] toma o poder no reino de Sicilia). A investidura sería recoñecida en [[1139]] polo [[papa]] [[Inocencio II, papa|Inocencio II]]. O Reino de Sicilia comprendía, ademais da illa de [[Sicilia]], os territorios da península Itálica da [[Calabria]], a [[Puglia]] e a [[Campania]],<ref name=CUP/> onde se encontraba a cidade de [[Nápoles]]. Roger II creou unha poderosa frota no [[Mediterráneo|Mediterráneo central]]. En [[1135]] conquistou as costas de [[Túnez]], creando o [[Reino de África]] (un protectorado do seu Reino de Sicilia).
 
Os descendentes de Roger II, [[Guillerme I de Sicilia|Guillerme I]], [[Guillerme II de Sicilia|Guillerme II]], [[Tancredo de Sicilia|Tancredo]] (fillo ilexítimo de Roger II) e [[Guillerme III de Sicilia|Guillerme III]] (fillo de Tancredo), reinaron en Sicilia desde a morte de Roger II, en [[1154]], até [[1189]]. Guillerme II non tivo descendencia, polo que nomea herdeira lexítima á súa tía, [[Constanza I de Sicilia]] (irmá de Roger II). Esta casa con [[Henrique VI, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico|Henrique VI]], o que permite a chegada ao poder da dinastía Hohenstaufen.
 
O papa [[Clemente III]], temendo polos bens da Igrexa en Sicilia ao subir ao poder a dinastía Hohenstaufen, rexeita o matrimonio entre Constanza e o [[emperador]] Henrique VI. Clemente insta ao emperador a renderlle xuramento de vasalaxe, pero o emperador négase. O papa decide entón dar o seu apoio a [[Tancredo de Sicilia]], fillo bastardo de Roger II, que morre en [[1194]].
[[Ficheiro:Frederick II and eagle.jpg|miniatura|[[Federico II Hohenstaufen]], emperador do [[Sacro Imperio]] e rei de [[Sicilia]].]]
 
Tras cerca de un século de dominación normanda, os dereitos sobre o Reino de Sicilia recaeron entón en [[Federico II Hohenstaufen]], emperador do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], que era fillo de Constanza I de Sicilia, a última raíña de Sicilia da dinastía Hauteville. O seu reinado estivo protagonizado polo conflito coa [[Santa Sede]], que se enmarcaba no complicado enfrontamento entre [[güelfos e xibelinos|xibelinos e güelfos]], dúas faccións encabezadas, respectivamente, polo [[Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico|emperador]] o o [[papa]]. Federico II foi un poderoso monarca, e os sucesivos pontífices pouco puideron facer contra el, salvo excomungalo.
 
Á morte de Federico II en [[1250]], o papa [[Inocencio IV]] viu a oportunidade de librarse dos [[Hohenstaufen]] e colocar no trono siciliano a un príncipe favorábel a el. Xa que fora a Santa Sede a que outorgara Sicilia aos normandos no século XI, o pontífice consideraba que quen fora monarca de Sicilia era vasalo seu, e podía, polo tanto, dispoñer do reino ao seu antollo. Nun principio propuxo a coroa siciliana ao irmáno do [[rei de Inglaterra]], pero non houbo acordo e foi rexeitado. En cambio, en xuño de [[1263]] [[Carlos de Anjou]], irmán do rei [[Luís IX de Francia]], culminou unha alianza co papado e aceptou a coroa, sendo investido como rei de Sicilia polo papa [[Urbano IV]], e coroado nunha cerimonia celebrada en [[Roma]] en [[1266]]. O papa tamén nomeou a Carlos senador de Roma e ''protector'' de [[Florencia]], polo que quedou como xefe do partido [[Güelfos e xibelinos|güelfo]] (partidario do papa) contra os [[Güelfos e xibelinos|xibelinos]] (partidarios do emperador). Carlos, na súa ambición, vía en Sicilia unha cabeza de ponte para conquistar o [[imperio Bizantino]].
[[Ficheiro:Palazzo Reale di Napoli - Carlo I d'Angiò.jpg|miniatura||250px|esquerda|[[Carlos de Anjou]], coroado como [[Carlos I de Sicilia]]<br>Palacio Real de Nápoles.]]
 
Pero, á hora da verdade, cinguir a coroa e contar co apoio do [[Papa]] non equivalía realmente a posuír o Reino. En efecto, pese a que o Reino de Sicilia se encontraba nunha situación inestábel (debida en parte a que o propio pontífice se dedicara a fomentar as tensións entre a nobreza feudal do Reino), todo o territorio seguía en mans dos [[Hohenstaufen]]. Ocupaba o trono [[Manfredo de Sicilia|Manfredo]], fillo ilexítimo de Federico II. Carlos de Anjou armou un poderoso exército e dirixiuse ao sur de [[Italia]], onde derrotou aos sicilianos na [[Batalla de Benevento (1266)|batalla de Benevento]] ([[26 de febreiro]] de [[1266]]), na que morreu Manfredo.
 
Poucos anos despois, a resistencia siciliana, organizada por [[Conradino de Hohenstaufen|Conradino]], o neto de Federico II, aínda un neno, e con apoio dos [[güelfos e xibelinos|xibelinos]] italianos, efectuou un intento de recuperar o poder. Non o lograron, pois Carlos derrotounos, capturou a Conradino e ordenou que fora decapitado. Con isto, Carlos de Anjou convertiuse no dono do sur de Italia e Sicilia.
 
Aínda que os sicilianos estaban acostumados a seren gobernados por estranxeiros, a chegada dos [[Francia|franceses]] irritounos. O rei [[Casa de Anjou|anxevino]] instaurou un goberno tiránico e estableceu unha elevadísima presión fiscal. Cando exixiu aos [[terratenente]]s que presentaran os seus títulos de propiedade, puxo á nobleza siciliana na súa contra: como numerosas familias carecían de escrituras, as súas terras, xunto coas dos rebeldes convictos, foron confiscadas e entregadas aos franceses. Un agravio adicional resultou o traslado do centro do poder de [[Palermo]] a [[Nápoles]], o que relegou á antiga capital a un papel secundario. Pero o que máis resentemento causaba cara aos franceses era a súa actitude arrogante e despótica. A organización do Reino baseábase nunha clase dirixente case exclusivamente francesa, que encheu Sicilia de soldados e funcionarios que trataban tanto ao pobo como á nobreza autóctona con desprezo, ofendendo o su honor continuamente.<ref name=EC/>
 
Mentras que os homes de [[Carlos de Anjou|Carlos]] se asentaban nos seus novos dominios, os principais notábeis sicilianos partidarios dos [[Hohenstaufen]], entre elos [[Roger de Lauria]] e [[Xoán de Prócida]], buscaron refuxio na corte do rei [[Xaime I de Aragón]], convertendo [[Barcelona]] nun centro político [[güelfos e xibelinos|xibelino]]. No era nada extraño, pois [[Aragón|aragoneses]] e [[Casa de Anjou|anxevinos]] mantiñan unha longa rivalidade no dominio do [[Mediterráneo]]. Algúns anos atrás, o [[infante]] [[Pedro III de Aragón|Pedro]], herdeiro do rei aragonés, casara en [[Montpellier]] con [[Constanza de Hohenstaufen]], filla de [[Manfredo de Sicilia|Manfredo]] e neta de [[Federico II Hohenstaufen|Federico II]]. Probabelmente os exiliados sicilianos comezaron pronto a conspirar cos aragoneses para recuperar o trono de Sicilia baseándose nos dereitos de Constanza.
 
== A rebelión ==
=== O estalido ===
Na primavera de [[1282]] [[Carlos de Anjou]] preparábase, en [[Nápoles]], para encabezar unha [[cruzada]] contra o [[imperio Bizantino]] e tomar [[Constantinopla]]. Considerábase herdeiro dos príncipes cruzados e, como tal, pretendía restaurar o desaparecido [[imperio Latino]]. Así, en augas do porto de [[Mesina]] esperaban as escuadras napolitana e [[Provenza|provenzal]] listas para zarpar a comezos de abril. Pero un inesperado suceso obrigouno a cambiar de plans: o [[30 de marzo]] estalou en [[Palermo]] unha grande insurrección contra os franceses. Existen distintas versións sobre como se desencadearon os feitos.
 
A versión tradicional sitúa a chispa que encendeu a revolta na igrexa do Espírito Santo de Palermo, na que se festexaba o [[luns de Pascua]] e numerosos habitantes da cidade se reuniran para asistir aos oficios vespertinos. Na praza, xunto ao templo, os fieis esperaban a hora de iniciar as vésperas cando chegou un grupo de franceses borrachos. Un deles, un sarxento, dirixiuse a unha moza casada e empezou a molestala. O seu esposo, furioso, sacou un coitelo e apuñalouno. Os demais franceses acudiron a socorrer ao sarxento, e a vingalo, pero os palermitanos, máis numerosos, rodeáronos e lles deron morte xusto no momento en que as campás da igrexa e as de toda a cidade comezaban a tocar.
 
Existe outra versión bastante máis probábel que sostén que o levantamento estaba planeado e que os que o organizaran dispuxeran que o sinal para a sublevación sería o espenicar das campás de vésperas.
 
Sexa como for, iniciada a rebelión, a ira popular perecorreu as rúas de Palermo. Ao grito de "morte aos franceses!", os habitantes de Palermo asasinaron aos cerca de 2 000 franceses que se encontraban na cidade, incluíndo anciáns, mulleres e nenos. Chegaron a asaltar conventos en busca de clérigos. Nas xornadas seguintes o levantamiento estendeuse, en primeiro lugar, polas vilas e cidades cercanas e, despois, por toda a illa. Unicamente [[Mesina]] mantívose do lado dos anxevinos, aínda que finalmente se uniu en abril á rebelión.
 
=== A intervención aragonesa ===
[[Ficheiro: Arrivo aragonesi.jpg|miniatura|280px|esquerda|Pedro III de Aragón chega a [[Sicilia]] chegando a Tapani, nas famosas Vésperas Sicilianas.]]
Unha vez que conseguiran a súa independencia, os sicilianos pretenderon establecer un goberno [[República|republicano]], organizado en [[comuna]]s, ou en cidades libres inspiradas no modelo da [[Italia]] central e setentrional. Porén, dada a situación de indefensión, estas comunas non podrían sobrevivir por si soas. Primeiro solicitouse a tutela do [[papa]]. Este, [[Martín IV]], de orixe francesa, rexeitou tomar baixo a súa protección á Sicilia que expulsara ao rei [[Carlos de Anjou]].
 
Unha delegación do [[Parlamento]] siciliano foi ao encontro do rei [[Pedro III de Aragón]], que se encontraba no [[norte de África]] (no mes de agosto) e ofrecéronlle a coroa. Pedro dirixiuse á illa e desembarcou en [[Trapani]] o [[29 de agosto]]; o día 30 entrou en Palermo. O bispo de [[Cefalú]] coroouno como rei o [[8 de setiembro]]. Os sicilianos ao servizo do príncipe Pedro foron vencidos en [[Magliano di Marsi]], aínda que os anxevinos sufriron unha derrota definitiva en [[Mesina]]; perderon nesta batalla uns 10 000 soldados. Todas as cidades da illa, así como as de [[Malta]], sometéronse ao rei [[Pedro III de Aragón|Pedro]] (que reinou como Pedro I de Sicilia), se ben Carlos seguía conservando o sur de Italia, no que continuaba chamándose rei de Sicilia, a pesar de non dominar ese territorio.
 
== Evolución posterior ==
A guerra enrte os sicilianos e aragoneses contra os anxevinos proseguiu tras as mortes de [[Carlos I de Sicilia|Carlos I de Anjou]] e de [[Pedro III de Aragón|Pedro I de Sicilia]], sostida polos seus herdeiros [[Carlos II de Sicilia]], pola parte anxevina, e [[Afonso III de Aragón|Afonso III]] e [[Xaime II de Aragón|Xaime II]] pola aragonesa. Finalmente, tras o esgotamento do exército anxevino, asinouse en [[1302]] a [[paz de Caltabellota]], que supuxo
a independencia de Sicilia baixo o gobierno de [[Federico II de Sicilia]] (ou Fradrique), irmán de [[Xaime II de Aragón]]. Nápoles permaneceu en mans da dinastía [[Anjou|anxevina]].
 
== As vésperas sicilianas na cultura ==
Estes feitos servieron de base para unha ópera de [[Giuseppe Verdi]] titulada ''[[I vespri siciliani]]'' ([[1855]]), na que adaptou o [[libreto]] que os franceses [[Eugène Scribe]] e [[Charles Duveyrier]] escribiran para a ópera de [[Gaetano Donizetti]] ''Le Duc d'Albe'' (composta en [[1839]] pero non representada; e recreada nunha versión italiana póstuma co título ''Il duca d'Alba'', posta en escena o [[22 de marzo]] de [[1882]] no ''Teatro Apollo'' de Roma), na que Verdi cambia a ocupación española de Flandres de 1573 pola ocupación francesa de Sicilia en 1282.
 
== Notas ==