Navia (deusa): Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
formato |
Sen resumo de edición |
||
Liña 5:
== Historia e características ==
Nabia era a deusa dos [[río]]s e da [[auga]] na mitoloxía galaica e lusitana. O ríos Navia e Navea en [[Galiza]], e o río Neiva, preto de [[Braga]] (antiga capital da [[Gallaecia]]), foron bautizados na súa homenaxe. Navia era especialmente adorada entre os [[
Aínda que a interpretación maioritaria defende un carácter fluvial/acuático para Navia, apoiaría esta interpretación a existencia de [[hidrónimo]]s modernos como [[Navia]], [[Río Navea|Navea]], ou os antigos ''Nabalia'' ([[río Eck|Eck]], afluente do [[río Rhin|Rhin]]), ''Navaeus'' ([[río Naver]], en [[Escocia]]), ''Navesbia'' (actual [[río Naseby]], en [[Northants]]) ou ''Nabarcos'' ([[río Neber]], en [[Gran Bretaña]]). Autores como García-Albalat explicaron o atadallo de Nabia cos ríos a partir da concepción céltica da auga como elemento característico do acceso ao máis aló: desde esta perspectiva, Nabia sería unha divindade soberana facilitadora do acceso ao alén a través da auga. Con todo, interpretacións recentes permiten redefinir a perspectiva tradicional dunha mera divindade fluvial.
|