A semana na cultura popular galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 85:
; Cantigueiro
* ''Hoxe é luns, mañán é martes, / cuarta feira logo vén, / de mañán en oito días / éche a semana que vén''.
* ''Lus e martes son dous días,/ coarta e quinta xa o sabías;/ pensei, miña queridiña,/ que tantiño me querías'' <ref>(Xaquín Lorenzo Fernández, 91. No orixinal: ''xó sabías''.</ref>.
 
== O xoves ==
Liña 100:
 
; Cantigueirap
* ''Lus e martes son dous días,/ coarta e quinta xa o sabías;/ pensei, miña queridiña,/ que tantiño me querías'' <ref>(Xaquín Lorenzo Fernández, 91. No orixinal: ''xó sabías''.</ref>.
 
== O venres ==
Liña 154:
; Cantigueiro
* ''O anelo que me deches/ con tres pedriñas azus/ solo me durou tres días:/ sábado, domingo e lus'' <ref>(Xaquín Lorenzo Fernández, 114. No orixinal: ''azús, dias, lús''.</ref>.
 
== O domingo ==
O mellor día para casar é o domingo.
 
En [[Mourente, Pontevedra|Mourente]] (Pontevedra), para cura-la ''decipla'' ([[erisipela]]) rezan un [[ensalmo]] tres veces ó día durante nove días seguidos, pero se a bendición se bota o domingo antes da primeira misa vale polos nove días.
 
No ciclo do '''[[entroido]]''' e a '''[[Pascua cristiá|Pascua]]''' merecen ser mencionadas os seguintes domingos:
* O ''domingo barredoiro'', ''borrallento'', ''fareleiro'' ou ''farelento'' é o domingo de septuaxésima, momento no que comezan as festas do carnaval ou ''entroidadas''. Chámase así porque os mozos botan farelos, feluxe ou borralla ás mozas na roupa e na cabeza.
* Síguelle o ''domingo corredoiro'', ''de corredores'', tamén chamado, en [[Cotobade]], ''domingo de chicotes''. Recibe o nome de ''corredoiro'' por ser o día da corrida do galo. É o domingo da sesaxésima, domingo anterior ó de entroido.
** Na [[Pobra de Trives]], os pais que tiñan fillos na escola acostumaban regalarlle en tal ocasión (no domingo corredoiro) un galo ó mestre. Para escoller o rapaz que llo ía dar, enterraban o galo na terra, coa cabeza fóra, e tapándolle os ollos ós rapaces. Aquel que atopara o galo era quen llo daba ó mestre. [[Vicente Risco]] di que o mesmo costume tiñan en [[Allariz]].
** Noutros lugares era este o día no que se corrían as olas, e de aí o nome de ''domingo oleiro''. En [[Castro Caldelas]] corríanse ''as maulas'', carreira entre veciños atados polas costas.
* Vén despois o ''domingo de entroido'' ou ''de entroido'', co que remata o tempo festivo e entra a [[coresma]]. É o domingo de quincuaxésima, precedente ó ''martes de entroido'' e ''mércores de cinza''. Chámase tamén ''domingo lardeiro'', polo moito que se comía nese día.
* Finalmente, comezada xa a coresma, vén o ''domingo de piñata'' (ou, simplemente, ''a piñata''). É o primeiro domingo de coresma e recibe o nome do baile que se celebraba, xa nun local pechado ó estarmos en coresma, cunha piñata pendurada do teito, chea de lambonadas diversas, e que tiñan que romper os asistentes ó baile, cos ollos vendados.
 
Xa na ''[[Semana Santa]]'', cómpre mencionar outros tres domingos con nome propio.
* Primeiro, o ''domingo de Lázaro'' ou ''domingo de paixón'', quinto domingo de coresma, anterior ó domingo de ramos.
* A seguir, o ''domingo de ramos'', último domingo de coresma e co que comeza a Semana Santa, no que se conmemora a entrada triunfal de Xesús en Xerusalén. No domingo de ramos levábanse á parroquia os ramos de loureiro ou de oliveira para ser benditos durante a misa; noutros puntos de España son máis comúns as palmas.
** En [[Betanzos]] e na [[comarca de Bergantiños]] teñen o costume de ''abendizoar as leiras'' para pedir a Deus fertilidade na terra e froito abondoso. Para iso, cando os veciños saen da igrexa o domingo de ramos, mollan unha póla de oliveira en auga bendita e regan as beiras da leira. Outra práctica era deixar espetado no chan un gran ramo de loureiro, tamén bendito.
** Para protexe-la casa nos días de tronada bótanse pólas de [[loureiro]] ó lume, loureiro que tamén tiña que ser bendito o domingo de ramos.
** Para protexe-lo gando do [[mal de ollo]] poñen no pescozo do animal unha corda coa que se atara o ramo de loureiro bendito o domingo de ramos e na corda poñen un escrito ou un cacho de chumbo. E para librase da [[Santa Compaña]] había que facer no chan un círculo cunha vara de [[oliveira]], preferiblemente bendita o domingo de ramos, e recitar este ensalmo: ''Fixen un circo co meu pau de oliva, que xa bendito por si acaso iba''. E posto dentro del dicir: ''Eu te requero''.
* Remata a semana santa o ''domingo de Pascua'' ou ''domingo de resurrección'', no que conmemora a resurrección de Xesús. É o domingo inmediato ó primeiro plenilunio despois do [[20 de marzo]].
 
Fóra das datas anteriores, outro domingo afamado sería o ''domingo de Pentecoste'', que celebra a chegada do [[Espírito Santo]]. É o quincuaxésimo día que segue ó da Pascua de Resurrección, e que vén caer entre o 10 de maio e o 13 de xuño.
 
; Locucións
* ''Día de festa''
* ''Día do Señor'': domingo do Corpus.
* ''Día santo''. Pola contra, os días laborables denomínanse ''día solto'', ''día decotío'', ''día de labor'' ou ''día de traballo''.
* ''Domingo lirón'': nome ourensán do [[ouriolo]] ou vichelocrego. O nome procede das vistosas cores deste paxaro, que parece como vestido para un día de festa. Noutros lugares recibe os nomes de ''mingoleirón'' ou ''ringaleirón'', probablemente procedentes daquel.
 
; Refraneiro
* ''Cando o ano entra en domingo, vende os boiciños e merca milliño''.
* ''Cando o domingo chove dispois da misa, a semaniña enteira vaise de risa''.
* ''Cando o domingo chove despois da misa, a semaniña enteira vaise en risa''.
* ''Cando o sábado chove e o domingo antes da misa, pola semana adiante verás que risa''.
* ''Día de Pascoa e domingo lardeiro, cada cadelo no seu palleiro''.
* ''Domingo de Lázaro collín un paxaro, e o día de Pascuas aseino nas ascuas''.
* ''Domingo de Ramos lava os teus panos, que na semana maior choverá ou quentará o sol''.
* ''Fai o raposo o sábado, con que o domingo non vaia a misa''.
* ''Home preguizoso, o domingo é afanoso''.
* ''Muller gobernadeira, domingo de Antroido lava a salgadeira''.
* ''Navidá en venres, sementa onde puideres, navidade en domingo, vende os bois e bótao en trigo''.
* ''O mariñeiro, o domingo, bo zapato e boa media, e o luns pola mañanciña vai descalzo pola area''.
* ''O que o domingo eu faría, todos me dín que xa non é día''.
* ''O sábado, día da Virxen e o domingo... de gardar''.
* ''Quen o sábado vai ó muíño, pouca folga ten o domingo''.
* ''Se chove o domingo antes da misa, leva toda a semana de risa''.
* ''Se o domingo chove arredor da misa, pola semana adiante verás que risa''.
* ''Tantas oe a raposa pola semana, que o domingo non pode ir a misa''.
 
=== Cantigueiro ===
* A vida do carreteiro, / non hai vida como ela, / a semana no camiño, / o domingo na taberna.
* A vida do carreteiro / non hai vida como ela: / a semana no carreto / e o domingo na taberna.
* Adios, martes d’Antroido,/ adios, meu amiguiño,/ hasta domingo de Pascua/ xa non como máis touciño.
* Cando ha de ser domingo, / domingo, cando ha de ser, / cando ha de ser domingo, / miniña, para te ver.
* Cásate Xan en domingo, / estarás o luns de voda / e o martes traballarás / para que folgue túa dona.
* Cásate, Xan, en domingo:/ estarás o luns de voda,/ o martes traballarás,/ acabouse a festa toda.
* Chamácheme moreniña, / éche do polvo da eira, / xa me verás o domingo / como a guinda na guindeira.
* Chamácheme moreniña, / éche do polvo da eira, / xa me verás pra domingo / coma a guinda na guindeira.
* Domingos é o meu amor, / a Domingos hei d'amar; / domingos son dias santos; / tódolos penso gardar.
* Hoxe é sábado alegre, / mañán domingo trunfante, / pasado é lunes triste / para el pobre trabajante.
* O domingo fun á misa, / mirache para min e riche, / así a El Señor lle parezas / como a min me pareciche.
* O mariñeiro o domingo / bo zapato e boa media, / o luns pola mañanciña / vai descalzo pola area.
* Para o domingo que vén / lense as miñas moniciós / agora vanse acabando / as miñas murmulaciós.
* Para o domingo que vén / sonche as miñas monicións, / con eso iranse acabando / tódalas marmuracións.
* Perdín as miñas polainas / vindo o domingo da misa, / quen mas topou que mas volva / non sexan contos de risa.
* Xaniño, Xaniño, Xan,/ perniñas de gavilán,/ andas engañando as nenas/ domingo pola mañán.
 
== Notas ==