A semana na cultura popular galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 102:
* ''Lus e martes son dous días,/ coarta e quinta xa o sabías;/ pensei, miña queridiña,/ que tantiño me querías'' <ref>(Xaquín Lorenzo Fernández, 91. No orixinal: ''xó sabías''.</ref>.
 
== O venres ==
O venres é un día maléfico porque en tal día mataron a Xesús, por iso é o día preferido polo ''mal'' <ref>Mariño Ferro.</ref>. En xeral, os tres días que levan ‘r’ (martes, mércores e venres) son considerados de mal agoiro e aconséllase non facer negocios neses días. Tampouco se debe corta-las [[uña (anatomía)|uña]]s, especialmente o venres, porque de seguro sairán uñeiros <ref name= "ERG, día"/>.
 
No [[O Barco de Valdeorras|Barco de Valdeorras]] (Ourense), para cura-la ''caída do calleiro'', ponse no amencer do venres, e durante tres venres seguidos, un colar feito de pólas de [[bidueiro]] no pescozo do enfermo.
 
; Locucións
* ''Caldo de venres'': o que se fai nos días de vixilia, sen botarlle carne nin graxa, e que só leva [[aceite]] rustrido. Os ollos que forma o aceite na superficie explican a frase ''ter máis ollos que o caldo de venres''.
* ''Cara de venres'': a de aspecto tristeiro.
* ''Non é cousa do outro venres'': algo que non sorprende a ninguén, ou que resulta cousa normal e corrente despois de anuncialo como se fose unha marabilla ou algo insólito.
* ''Sexta feira maior'': [[Venres Santo]].
 
; Refraneiro
* ''Navidá en venres, sementa onde puideres, navidade en domingo, vende os bois e bótao en trigo''.
* ''O lus mollo, o martes lavo, o miércoles seco, o viernes peneiro, o sábado amaso; e o domingo, que eu fiaría, todos me din que estou noutra semana e que xa non é día'' <ref name= "ERG, semana"/>.
* ''O martes e o venres nin te cases nin te embarques''.
 
== O sábado ==
As mulleres prefiren [[parto|dar a luz]] o sábado, por ser este o día da [[Virxe María|Virxe]], intercesora de tódalas parturientes. Así protexidas, saben que, se morren no trance, a Virxe levaraas ó ceo. Porén, o sábado era o día sinalado para reunirse as [[meiga]]s nos seus aquelarres.
 
O [[sete|sétimo]] fillo varón nacido tras unha serie de seis fillos tamén homes terá poderes sobrenaturais: é quen de dar saúde coas mans. Na [[A Fonsagrada|Fonsagrada]] cren que se ademais nace en sábado, eses poderes serán aínda maiores.
 
; Locucións
* ''Carne de sábado'': graxa, despoxos etc. que antigamente se permitía comer na vixilia dese día.
* ''Chourizos do sábado'': chámase así en [[O Barco de Valdeorras|Valdeorras]] a un [[chourizo]] delgado, feito con sangue, cebola etc. e ó que ademais se lle bota [[cabaza]]. Equivale á ''choula'' ou ''chourela'' doutros sitios. En [[Castela e León|Castela]] (León, Palencia, Valladolid) e [[Asturias]] existen os ''chourizos sabadeños'', ''sabadeñas'' ou ''sabadiegos'', feitos coa carne de menor calidade e mailas asaduras ([[livián]]s).
* ''Falar máis que un barbeiro ós sábados'': o sábaso era o día propio para prepararse e acicalarse con vistas á festa do domingo.
* ''Sábado longo'': sábado Santo, polos longos oficios que se celebran e o xexún de todo o día.
* ''[[Sábado Santo]]'': último día da [[semana santa]].
 
=== Refraneiro ===
* Cando o sábado chove e o domingo antes da misa, pola semana adiante verás que risa.
* Fai o raposo o sábado, con que o domingo non vaia a misa.
* Mozo de luns e bois de sábado non valen un ochavo.
* Nin sábado sen sol, nin moza sen amor, nin vella sen door.<ref>O sábado era o día de lava-la roupa branca e poñela ó sol. As mozas aproveitaban a ocasión para descansar e escaparse da casa, houbese sol ou non.</ref>
* Non hai sábado sen sol nin María sen amor.
* Non hai sábado sen sol, nin moza sen amor, nin vello sen door.
* Non hai sábado sen sol, nin romeiro sen frol nin dama sen amor.
* Non hai sábado sen sol, nin romeiro sen frol nin Marica sen amor.
* Non hai sábado sen sol nin romeiro sen frol, nin rapaza sen amor.
* O luns e o martes lava a curiosa; o mércores e o xoves, a envexosa; e o sábado, a preguizosa.
* O sábado, día da Virxen e o domingo... de gardar.
* O sermón, o sabado, e o salmón, na coresma, teñen razón, despois non.
* Quen o sábado vai ó muíño, pouca folga ten o domingo.
* Sábado a noite, María colle a roca, que en toda a semana non lle toca.
* Sábado á noite, María pilla a roca.
* Sábado á noite, Marica, dame a roca.
* Sábado á noite, Marica cose a roupa.
== Notas ==
{{listaref}}