Sábado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 86:
| Día da terra
|}
 
== O sábado na cultura popular ==
As mulleres prefiren [[parto|dar a luz]] o sábado por ser este o día da [[Virxe María|Virxe]], intercesora de tódalas parturientes. Así protexidas, saben que, se morren, levaraas ó ceo. Porén, o sábado era o día sinalado para reunirse as [[meiga]]s nos seus aquelarres.
 
O [[sete|sétimo]] fillo home nacido tras unha serie de seis fillos tamén homes terá poderes sobrenaturais: é quen de dar saúde coas mans. Na [[A Fonsagrada|Fonsagrada]] cren que se ademais nace en sábado, eses poderes serán aínda maiores.
 
=== Fraseoloxía ===
* Carne de sábado: graxa, despoxos etc. que antigamente se permitía comer na vixilia dese día.
* Chourizos do sábado: en [[O Barco de Valdeorras|Valdeorras]], chourizo delgado, feito con sangue, cebola etc. e ó que ademais se lle bota [[cabaza]]. Equivale á ''choula'' ou ''chourela'' doutros sitios. En [[Castela e León|Castela]] (León, Palencia, Valladolid) e [[Asturias]] existen os ''chourizos sabadeños'', ''sabadeñas'' ou ''sabadiegos'', feitos coa carne de menor calidade e mailas asaduras (liviáns).
* Falar máis que un barbeiro ós sábados.
* Sábado longo: sábado Santo, polos longos oficios que se celebran e o xexún de todo o día.
* [[Sábado Santo]]: último día da semana santa.
 
=== Refraneiro ===
* Cando o sábado chove e o domingo antes da misa, pola semana adiante verás que risa.
* Fai o raposo o sábado, con que o domingo non vaia a misa.
* Mozo de luns e bois de sábado non valen un ochavo.
* Nin sábado sen sol, nin moza sen amor, nin vella sen door.<ref>O sábado era o día de lava-la roupa branca e poñela ó sol. As mozas aproveitaban a ocasión para descansar e escaparse da casa, houbese sol ou non.</ref>
* Non hai sábado sen sol nin María sen amor.
* Non hai sábado sen sol, nin moza sen amor, nin vello sen door.
* Non hai sábado sen sol, nin romeiro sen frol nin dama sen amor.
* Non hai sábado sen sol, nin romeiro sen frol nin Marica sen amor.
* Non hai sábado sen sol nin romeiro sen frol, nin rapaza sen amor.
* O luns e o martes lava a curiosa; o mércores e o xoves, a envexosa; e o sábado, a preguizosa.
* O sábado, día da Virxen e o domingo... de gardar.
* O sermón, o sabado, e o salmón, na coresma, teñen razón, despois non.
* Quen o sábado vai ó muíño, pouca folga ten o domingo.
* Sábado a noite, María colle a roca, que en toda a semana non lle toca.
* Sábado á noite, María pilla a roca.
* Sábado á noite, Marica, dame a roca.
* Sábado á noite, Marica cose a roupa.
 
== Notas ==