Coala: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Furado (conversa | contribucións)
m Erro no apelido dun autor.
Furado (conversa | contribucións)
m Erro no apelido dun autor.
Liña 131:
 
[[Ficheiro:Koala skeleton1.jpg|miniatura|esquerda|200px|Esqueleto montado dun coala.]]
O coala presenta unha das proporcións de tamaño do [[cerebro]] en relación ó peso corporal máis pequenas que calquera outro [[mamífero]],<ref name=Jackson81/> sendo un 60% máis pequeno que noutras especies de [[diprotodontes]] e pesando tan só 19,2&nbsp;[[gramo|g]],<ref>{{cita publicación periódica|nome1=C.|apelidos1=de Miguel|nome2=M.|apelidos2=HennbergHenneberg |ano=1998 | título=Encephalization of the Koala, Phascolarctos cinereus |revista=Australian Mammalogy|número=20|páxinas=315-320| url=https://www.researchgate.net/publication/233726395_1998_koala_brain}}</ref> cunha superficie bastante lisa, característica habitual nos animais máis [[filoxenética|primitivos]].<ref name=Martin52/> Ocupa tan só o 61% da [[cranio|cavidade cranial]]<ref name=Jackson81/> e atópase presionado contra a superficie interior por medio dunha cantidade relativamente alta de [[líquido cefalorraquídeo]]. A función deste é descoñecida, aínda que unha posibilidade sería que actuase absorbendo impactos e limitando o dano recibido no caso de caer dunha árbore.<ref name=Martin52>{{Harvnb|Martin|Handasyde|1999|p=52}}</ref> O pequeno tamaño do seu cerebro podería ter sido unha adaptación ás restricións enerxéticas impostas pola súa dieta, insuficiente para manter un cerebro de maior tamaño.<ref name=Jackson81/> Por mor deste pequeno tamaño do cerebro, a capacidade do coala para levar a cabo comportamentos complexos ou pouco familiares é limitada. Por exemplo, cando se lle ofrecen follas arrancadas nunha superficie plana, o animal non é capaz de adaptarse ó cambio na súa rutina alimentaria e non come estas follas.<ref name="Tyndale-Biscoe p. 234">{{Harvnb|Tyndale-Biscoe|2005|p=234}}</ref> O sentido do [[olfacto]] do coala está considerado como normal, sendo habitual que ula os aceites das ramas e follas individuais das árbores para avaliar a súa comestibilidade.<ref name=Jackson81>{{Harvnb|Jackson|2010|p=81}}</ref> Teñen unha nariz relativamente grande, cuberta dunha pel que se asemella ó coiro. As súas orellas circulares permítenlles ter unha boa capacidade auditiva,<ref name=description/> e posúen un [[oído medio]] ben desenvolvido.<ref name=Louysa/> Pola contra, a súa visión non é tan efectiva,<ref name="description">{{cita web|título=Physical Characteristics|editorial=Australian Koala Foundation|data-acceso=2 de abril de 2013|url=https://www.savethekoala.com/about-koalas/physical-characteristics-koala}}</ref> e os seus ollos relativamente pequenos non son habituais con respecto a outros marsupiais, xa que as [[pupila]]s presentan unhas aberturas verticais.<ref name=captive/> Koalas empregan un órgano vocal para producir sons graves. Ó contrario que as [[cordas vocais]] típicas dos [[mamíferos]] que se pregan na [[larinxe]], este órgano atópase no [[veo do padal]], recibindo o nome de cordas vocais velares.<ref name="Charlton 2013"/>
[[Ficheiro:Machoires de koala avec dents.png|miniatura|dereita|Dentición do coala, de esquerda a dereita: molares, premolares (escuros), diastema (espazo), caninos e incisivos.]]