Exoesqueleto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 2:
O '''exoesqueleto''' é o [[esqueleto]] externo continuo que recobre toda a superficie dos animais do filo [[artrópodo]]s ([[Arachnida|arácnidos]], [[insecto]]s, [[crustáceo]]s e outros grupos relacionados), onde cumpre unha función protectora e outra mecánica, proporcionando a sustentación necesaria para a eficacia do aparato muscular. Tamén se chama exoesqueleto á base, frecuentemente mineralizada, que segregan os corais (clase ''[[Anthozoa]]'' do filo ''[[Cnidaria]]'').
 
=== Nos artrópodos ==
O exoesqueleto é unha cuberta externa producida pola actividade secretora das células [[epiderme|epidérmicas]]. O exoesqueleto está composto polo [[polisacárido]] [[quitina]], un [[polímero]] formado por cadeas rectas e simples (non ramificadas) de [[N-acetil-2-D-glicosamina]], un [[monosacárido]] que inclúe nitróxeno na súa composición. Nalgúns casos o exoesqueleto aparece calcificado, reforzado pola aposición de carbonato cálcico; é o caso de moitos [[crustáceo]]s, como os [[caranguexo]]s ou as [[lagosta (crustáceo)|lagostas]]. O exoesqueleto serve tamén de depósito de produtos de [[excreción]], como a [[guanina]], o que é ás veces causa de cores vivas ou brillo metálico, como se observan en moitos artrópodos.