Capitel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
*Collarino > colariño.
Liña 2:
[[Ficheiro:Iglesia de San Martiño de Sobrán13.jpg|206px|miniatura|Capitel [[arte románica|románico]] da [[Igrexa de San Martiño de Sobrán]].]]
[[Ficheiro:Alhambra column top.jpg|200px|miniatura|Capitel de estilo árabe da [[Alhambra]].]]
O '''capitel''' (do [[latín]] ''caput, capitis'' = 'cabeza' ou 'testa'), é un elemento arquitectónico que se dispón no extremo superior da [[Columna (arquitectura)|columna]], alicerce ou [[pilastra]] para transmitir a estas pezas estruturais verticais as cargas que recibe do [[entaboamento]] horizontal ou do [[arco (arquitectura)|arco]] que se apoia nel. Ademais desta misión estrutural cumpre outra de índole compositiva, pois actúa como peza de transición entre dúas partes construtivas tan diferentes como aquelas entre as que se interpón. Por veces tamén é chamado '''chapitel''', se ben este termo designa máis propiamente o [[chapitel|remate en agulla]] dunha [[torre (construción)|torre]], [[campanario]] ou [[igrexa (arquitectura)|igrexa]]).
 
Aínda que hai unha gran variedade de capiteis, o estereotipo estaría formado por: un [[astrágalo]], [[moldura]] que corre ao redor do [[fuste]] da columna na base do capitel; un tambor, que é o corpo propiamente dito do capitel, con forma reducible a un tronco de cono ou pirámide invertida; e un [[ábaco (arquitectura)|ábaco]], taboleiro prismático que remata o capitel e que sostén directamente o arranque do arco ou o [[lintel]].
 
Os primeiros capiteis coñecidos teñen a súa orixe no antigo [[Exipto]]. O seu aspecto é con preferencia papiriforme ou lotiforme, pero tamén os hai con calquera outro tema vexetal. En [[Persia]] empregáronse capiteis formados por dúas figuras contrapostas que deixaban entre elas un rebaixe no que se apoiaba a [[arquitrabe]]. Pero o desenvolvemento e masivo emprego do capitel débese á [[arquitectura grega]] e [[arquitectura romana|romana]] que fixeron del un elemento clave das súas [[orde arquitectónica|ordes arquitectónicas]] clásicas. O seu deseño correspóndese coas respectivas ordes. Así, a [[orde dórica|dórica]], carente de [[astrágalo]], só ten [[equino]] e [[ábaco]], os dous lisos e moi sinxelos; a [[orde xónica|xónica]] caracterízase polas [[voluta]]s que configuran as súas catro esquinas; a [[orde corintia|corintia]], máis esvelta que a anterior, ten todo o tambor decorado por follas de [[acanto]]; a [[orde toscana|toscana]] é semellante á dórica, inclúe un collarinocolariño; a [[orde composta|composta]] é unha combinación de xónica e corintia, adoptando as volutas dunha e as follas de acanto da outra.
 
Coa chegada do [[Renacemento]] e o [[Neoclasicismo]] volveuse á utilización dos capiteis clásicos segundo os canons das ordes arquitectónicas gregas e romanas.